Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Galicia Magic Fest

Tras o éxito do anos pasado volve Galicia Magic Fest. Os mellores e máis premiados ilusionistas do mundo chegan aos mellores teatros de Galicia para deixarche pampo cos seus impactantes e sorprendentes números. Un espectáculo único para toda a familia que fará que poidas ver maxia en directo como nunca antes víala.

Galego

Volta á maxia

Neste show de maxia o público é quen decide o guión do espectáculo. Nada está escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde se lle da unha volta á maxia, unha volta á ruleta. Así, o azar porá en xogo a sorte do mago. Os espectadores teñen o control do que sucede sobre o escenario. O mago acompáñaos nestas reviravoltas que van conducindo a maxia a un sorprendente efecto final, unha última sorpresa que, a medio camiño entre a realidade e a ilusión, non deixará indiferente a ninguén.

Galego

Entre libros anda a maxia

Ilusión risas e libros nun espectáculo que promete diversión para toda a familia. Coa participación dos pequenos e pequenas que queiran ser axudantes da maga Leo Leiño para pasalo moi moi ben.

Para nenos e nenas de a partir de 6 anos.

Actividade do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Maxia ou ciencia?

Unha viaxe ao fascinante mundo da ciencia desde a perspectiva dun mago do século XXI. Embárcate nesta experiencia ilusionante onde non saberás onde acaba a ciencia e comeza a maxia.

Aberto ao público familiar no salón de actos.

Duración: 45 minutos.

 

Galego

Un Ramón de mandarinas

Velaquí a historia de como se coñeceron os pais de Mandarina, unha mirada ao ridícula que pode chegar a ser unha persoa namorada. Mandarina enfúndase no traxe e na pel de dúas personaxes diferentes e preséntanos unha comedia universal na que a tenrura, o humor e o absurdo combínanse para nos emocionar.

Duración: 65 minutos

Galego

Toni Bright

Toni Bright é un mentalista e mago que leva toda a súa vida dedicándose ao mundo da maxia. Colaborou en numerosas ocasións en programas televisivos mostrando as súas habilidades.

Nesta ocasión trae un show chamado "No te creas la verdad", no que os asistentes gozarán de diferentes trucos descoñecidos ata entón. O espectáculo está enfocado a todos os públicos, por tanto é unha oportunidade para asistir con toda a familia.

Galego

Divermaxia

Actividade de dinamización da lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. O Mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os nenos e nenas. Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender coas suas historias cheas de maxia.

Espectáculo de maxia para o programa de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: De 3 a 12 anos

Galego

As maxias máis máxicas de tódalas maxias. A maxia de Carlos Casares

Un espectáculo máxico e literario, cargado de ilusións sustentadas na narrativa, ensaio e as sorpresas da vida e a obra de Carlos Casares. Desde o Vento ferido ata O sol do verán, pasando por As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, xérase unha trama tecida na arte do encantamento das palabras de Carlos Casares.

Espectáculo de maxia para o programa de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

A partir de 6 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia