Chequín
Chequín é un espectáculo actualizado do mago Paulino Gil, que interpreta a Leonardo, un máxico viaxeiro que chega ao Hotel Extravaganza onde lle espera un singular recepcionista chamado Mirilla, e alí comeza a súa aventura.

Chequín é un espectáculo actualizado do mago Paulino Gil, que interpreta a Leonardo, un máxico viaxeiro que chega ao Hotel Extravaganza onde lle espera un singular recepcionista chamado Mirilla, e alí comeza a súa aventura.
Un show onde a maxia e a alegría mestúranse para dar como resultado un fascinante momento misterioso. Maxia e música que saen dunha maleta.
Duración: 50 minutos.
Nenos e nenas de 3 anos en diante.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
1 de decembro, ás 12:00 horas, no Salón de actos.
Os mellores magos do mundo chegan a Galicia para deixar a todos coa boca aberta. Poderase ver en directo números de maxia abraiantes, únicos, espectaculares, arriscados, acompañados dunha produción de iluminación envolvente e impresionante.
José Antonio Godoy mostra como a maxia e a ciencia se funden para mostrar o lado asombroso e divertido do coñecemento. Actividade poderosamente visual e didáctica sobre temas de química, física, matemáticas e bioloxía. Inclúe datos curiosos e sorprendentes, descubrimentos e inventos. Ademais, mostra as perspectivas e posibilidades de ser un verdadeiro científico.
Ás 19:00 horas, no Salón de actos
Público familiar e de máis de 3 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade
Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.
O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo.
Se se quere coñecer o fascinante mundo dos cubos de rubik, ou se xa se é un apaixonado do mesmo, gozarase coa visión particular de Raymon, especialista en facer maxia con cubos de Rubik, conseguindo sorprender ao público con efectos moi novos e orixinais. Os cubos ordénanse maxicamente e obedecen as súas ordes, creando un dos efectos máis sorprendentes dos últimos anos.
Cousas de nenos é un espectáculo indicado para toda a familia. Tanto nenos como non tan nenos desfrutarán deste espectáculo cheo de colorido e ilusión.
Cunha mezcla de maxia e sombras chinescas Ian e Elisa farán que os nenos se sumerxan nun mundo imaxinario onde nada é imposible.
Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer. Perdido no presente, no aquí, no agora. Así está este viaxeiro, este coleccionista de linguas. Sempre na busca de novos amigos cos que engadir un código máis na súa maleta de camiñante. E o que empezou sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un código máis, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.
Código é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar.
Atrapado na Torre é un espectáculo creado a través da imaxinación, a creatividade e a maxia que podemos ter no noso interior.
Mediante a sucesión de distintos xogos de maxia Chrystyan Magic, protagonista do libro, tentará despertar nos nenos e nenas a ilusión e a fantasía a través de historias que forman parte do conto, despertando deste xeito o seu torrente imaxinativo, e facendo ao mesmo tempo que descubran o pracer da lectura.
Antía e Wamba coñecéronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era nena. Pero pasaron os anos e agora Antía está en África traballando coma cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida.
As dúas seguen en contacto, falando a través da rede. Antía, no medio do seu choque cultural, descubrindo África, co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos, e Wamba loitando día a día por saír adiante.