Joshua Kenneth: Degustación de imposibles
"Joshua Kenneth ofrece un espectáculo de maxia e humor adicado ó público máis familiar. Aparicions, transformacions e viaxes co fin de entreter e sorprender ós asistentes".

"Joshua Kenneth ofrece un espectáculo de maxia e humor adicado ó público máis familiar. Aparicions, transformacions e viaxes co fin de entreter e sorprender ós asistentes".
Un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de xeados, co seu carriño e con moitas ganas de sacarlles un sorriso á veciñanza. Mais o pobre Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carro, que terá que arranxar con enxeño e cunha chea de maxia antes de que os seus xeados se derretan. Dani García constrúe, empregando a súa habitual destreza e cun entrañable personaxe, unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras, e onde a comunicación co público é constante e dinámica.
O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como O Afiador) ou de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ʻTolemaxiasʼ e “Perto de Ti”.
Coorganizador de festivais de maxia en diversos puntos da xeografia española.
Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.
Cayetano Lledó é meigo, produtor e distribuidor de representacións teatrais e actor de improvisación nacido en Galicia (España). Os seus espectáculos baséanse nos alicerces da comedia e a maxia teatral. Participou en numerosos festivais internacionais de maxia e realizou a súa maxia en varios países europeos.
Espectáculo de maxia a cargo do mago Javier Muro, especialista en maxia infantil. Os nenos serán os protagonistas e mesturarase a maxia, as historias que se van narrando e unha música especialmente seleccionada, creandose un ambiente máxico e moi divertido que fará que lles encante aos teus fillos gozando dun espectáculo moi ameno.
Despois de máis de 20 anos realizando actuacións por diferentes escenarios e prazas, chegou o momento de agradecer a enorme felicidade que sentimos cada vez que actuamos. A nosa mellor tarxeta de presentación son os centos de clientes satisfeitos, as miles de actuacións realizadas, o boca a boca e a profesionalidade que caracteriza á nosa compañía. Paixón, dedicación, proximidade e por suposto, un traballo por tentar ser sempre un pouco mellor son os alicerces nos que nos baseamos desde que comezou a nosa aventura no marabilloso mundo do espectáculo.
Enmaxiarte é un dos espectáculos revelación no mundo da maxia, da man do xoven Dani Polo, finalista do programa “Pura Magia” de TVE, chega un show completamente novidoso, con efectos máxicos realmente asombrosos e unha posta en escena de alto nivel.
Un espectáculo para toda a familia onde se mesturan diferentes elementos, maxia participativa, humor e ilusións de gran impacto!
Sen dúbida un plan perfecto para ilusionarse e viaxar polas diferentes ramas da arte da maxia.
DANI POLO
Premio Ali Bongo Francia 2018 a xoven mago revelación.
Deimi é un mago do Ribeiro que leva anos movendo os seus espectáculos por todo Galicia actuando tanto para público infantil como adulto. Un mago total que ademais de tocar a parte máis divulgativa da profesión, ten unha gran técnica e un interesante repertorio de números: escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello, maxia con lume, levitacións, mentalismo ....
Showman - meigo. Un Show de humor no cal o público é o protagonista , a risa e o bo humor están asegurados , 20 anos!!!
Javier , meigo rei midas nacido en Arxentina realiza o seu Show en España desde hai 10 anos , hoxe fincado en Galicia percorre España , Portugal e Inglaterra co seu máxico e divertido espectáculo.
Espectáculo de ilusionismo, diversión con toques surrealistas. Veremos como a maxia de Carlos toma as súas propias decisións, ás veces sen moito respecto polo pobre Carlos, que coa súa elegancia e compostura tentará dominar a maxia coa axuda do público antes de que o domine.