O Mago Teto: Tolemaxias
O debut do Mago Teto tivo lugar o Día das Letras Galegas de 1992. Nese 17 de maio subía ao escenario do seu instituto de Viana do Bolo para sorprender aos seus compañeiros. Catro anos despois, chegaba o despegue profesional con A maxia dos soños. Desde a estrea dese primeiro espectáculo en 1996, con tan só 19 anos, o Mago Teto foise convertendo nun dos ilusionistas máis veteranos e relevantes en Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza dun gran recoñecemento por parte do público.

