Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Keller Magic

Fernando Keller é xa a segunda xeración de magos. Levou ilusión e sorpresas a público de 4 continentes durante toda a súa vida. Hoxe visita Lugo coa mesma intención sementar misterio, sorrisos e moita pero que moita....maxia!!!!

Duración: 45 minutos.

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos.

Salón de actos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Atrapado pola maxia

Elenco: Xacobe Sanz, Laura Dotú e Daniel Santana

A revelación da tempada nos teatros Luchana de Madrid que xa alcanza os 5.000 espectadores e un 9,4 de valoración en Atrápao.

Tras ano e medio de éxito en carteleira co espectáculo Ilusiones Máxicas, que xa gozaron máis de 10.000 espectadores, o Mago Xacobe presenta a segunda parte con novos retos e xogos visualmente sorprendentes.

Galego

Palma Repalma

"Palma repalma" é como comeza a canción, son tamén as palabras máxicas e o inicio da nosa historia. Un espectáculo enmarcado nun souto encantado onde viven animais e algúns seres máxicos, coma os nosos protagonistas.

Galego

Gala Porta Máxica 2021

A gala Porta Máxica é o peche do IV festival Porta Máxica do Concello de Ferrol. O show contará con artistas como Esgrimo e Silvana (Arxentina), Mikael Szanyiel (Francia), Miguel Muñoz (Madrid), Nuel Galán (Valencia) e o ferrolán Martín Varela como mestre de cerimonias. Estes ilusionistas traerán pórtaa Máxica os mellores actos do seu repertorio para facer as delicias de todos os espectadores ferroláns.

Galego

Un mundo ao revés

Un espectáculo visual baseado na idea do mundo ao revés. Non hai nin principio nin final, unha sucesión de diferentes efectos máxicos que farán voar a nosa imaxinación.

Unha formulación que promete « facer realidade os soños e transporta ao público a un mundo onde o imposible pode pasar».

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Dani Polo - Enmaxiarte

Dani Polo é un dos meigos revelación no mundo da maxia debido á súa idade, xa que comezou desde moi novo a realizar espectáculos de alto nivel e de gran calidade artística.

Enmaxiarte é un espectáculo para toda a familia onde se mesturan maxia, humor e ilusións, nun plan perfecto para viaxar coa imaxinación polas diferentes ramas da arte da maxia.

Galego

Pedro Volta

Pedro Volta, acertará predicións imposibles cos espectadores, verás maxia ultra moderna e emocionante inspirada en series e películas como a Casa de Papel, Regreso ao futuro, ou Mandalorian. Todo iso, acompañado cunha gran pantalla para que non perdas detalle en todo momento e alucines coa súa maxia. O ilusionista Pedro Volta, (semifinalista de Got Talent e director artístico de Galicia Magic Fest e de Hangar 52 Revolution Ifema Madrid) fará que pasedes unha tarde ilusionante chea de maxia, emoción e asombro en familia.

Galego

I Gala Internacional de Maxia Xacobeo 21·22

O coordinador e director artístico, Roberto Lolo, coa súa experiencia, (16 anos organizando o Festival Internacional de Maxia Villa de Sarria (Maxia non Camiño) con gran éxito de crítica e público) conseguiu reunir, para esta Gala no Teatro Salesianos aos seguintes Artistas:

JUAN TAMARIZ:

A gran lenda  da Maxia.

O seu nome é sinónimo de prestixio absoluto e de recoñecemento Mundial.

DANI DAORTIZ:

Considerado o mellor cartomago do Mundo na actualidade, admirado e referente das novas xeracións de Magos e Magas do Mundo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia