Maxia ao cubo
A maxia de Raymon é moi sofisticada, especialista en facer maxia con cubos de Rubik, consegue deixar abraiado ao público con efectos moi novos e orixinais. Os cubos ordénanse maxicamente e obedecen as súas ordes, creando un dos actos máis sorprendentes dos últimos anos.
Premiado como mellor mago de España na súa categoría en 2016. Formou parte dos programas de televisión Got Talent España e Pura Magia.
Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil da biblioteca ou no teléfono 982828329
Salón de actos

