Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Dani García: TIN

Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer, e perdido no presente, no eiquí, no agora, está o noso viaxeiro protagonista, o noso coleccionista de linguas. Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo. TIN é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.

Galego

Pablo Muñoz: Aakarshak

Aakarsshak: encantador en hindi. Benvidos As mil e unha paiasadas encantadas. Unha viaxe ao mito dos encantamentos. Realidade ou fantasía? Un espectáculo onde o incrible faise crible e o incrible impresionantemente divertido. O gran Aakarsshak mostrará as tres fases de encantador: "o interior", "o exteror" e "o todo". Todo é posible no imposible mundo do Akarsshak: flotar sobre globos, levitar sobre ovos, corda hindú, pisar clavos, escapismos imposibles, encantamentos musicais e moito máis.

Galego

XIII Festival Terra de Maxia

O sábado 21 de xaneiro, ás 18 h, celebraremos a edición XIII da Gala de Maxia solidaria ?Terra de Maxia no auditorio do Forum Metropolitano da Coruña e na que participarán grandes meigos como Román García, Joshua  Kenneth, Kiko Pastur, Meigo Rebo, Meigo Rufus. A gala presentaraa a xornalista Ana Villagrasa.

Todos eles únense un ano máis e poñen a súa maxia a beneficio do "PROGRAMA DE SAÚDE VIAXE CARA Á VIDA" que leva a cabo a Fundación Terra de Homes en Galicia.

Emitirase un vídeo do proxecto a cuxo fin se destinan os fondos que se recaden.

Galego

Pablo Superstar Cool

Despois do éxito de Pablo Superstar A historia máis grande xamais contada chega Pablo Superstar Cool. Pablo ofreceranos unha lección maxistral de como debe comportarse un "superstar" no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactuando co público. Desta vez enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e até situacións de escapismo irrealizables. Este espectáculo busca as risas do público a base de crear situacións que só se poden asimilar cun nariz vermello no corazón.

Galego

A igualdade non ten truco

Magia en la Manga presenta A igualdade non ten truco, un espectáculo que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Este espectáculo xa foi representado en numerosos centros de Educación Primaria e Secundaria de toda Galicia, cunha moi boa acollida tanto das alumnas e alumnos como do equipo docente.

Galego

O Galiverso empeza aqui

O Galiverso empeza aquí é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dun xeito diferente.

Galego

O último gran majo

Héctor Sansegundo preséntanos un show de maxia trepidante, que fará que non poidas levantarche do asento. Un espectáculo delirante e divertido coa maxia máis impactante e o humor máis distinguido. Os
efectos de maxia máis grandes únense á comedia máis desatinada nun gran formato para teatro.
Unha mestura de humor, maxia participativa e a rama máis grande do Ilusionismo: as Grandes Ilusións nun show ideado durante anos e materializado en multitude de actuacións con absoluto éxito: improvisación, humor, innovación e maxia que xa sorprendeu a miles de espectadores.

Galego

Gran Gala Internacional de Maxia- Ourense é Maxia 2022

Os mellores meigos do mundo veñen a Ourense este Nadal para actuar nun espectáculo que che deixará coa boca aberta e con ganas de máis e máis maxia!!

Catro meigos de talla internacional, presentados polo cómico e actor Luís Larrodera, farán as delicias de nenos e adultos este 17 de decembro no auditorio municipal.

David Diaz, posuidor de diversos premios internacionais en Francia, España e Portugal e finalista de Pura Maxia en Televisión Española.

Galego

Un día diferente

Un día diferente no cal todo pode ser suceder. Un día para facer voar a imaxinación e ver que o imposible pode pasar. Un día cheo de aparicións, desaparicións, ilusións ópticas, e predicións, na que o público participa de maneira activa.

 

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

REserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

The Best Magic Trick in the World

Cal é o mellor truco de maxia do mundo? Que fascinantes segredos gardan os ilusionistas doutros países? Estas son as preguntas que intentará responder o atoleirado mago Charles Munro nunha viaxe arredor do mundo para descubrir novas formas de facer maxia e a importancia de coñecer e valorar outras culturas. Un espectáculo completamente en inglés no que o público empregará o idioma de xeito natural e lúdico. Adaptado ás idades e ao seu nivel para asegurar unha experiencia máxica, divertida e educativa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia