Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

XLII Festa do Salmón da Estrada

O salmón ponse en valor na Estrada desde 1974 a terceira fin de semana do mes de maio. O domingo é o día grande desta festa, xa que nesta xornada se celebra a degustación popular que permite a veciños e visitantes gozar das propostas culinarias deseñadas polos hostaleiros locais a prezos accesibles. Asociacións, panadarías e restaurantes presentan todos os anos innovadoras delicias elaboradas co salmón como principal ingrediente.

Galego

XV Mostra do aceite de Quiroga

Se o Val de Quiroga é unha das poucas zonas de Galicia onde se mantivo o cultivo de oliveiras  e a elaboración tradicional do aceite, non é de estrañar que o municipio lugués celebre dende o ano 2000 unha mostra que ofrece a posibilidade de contemplar o proceso íntegro desta elaboración artesanal, así como un espazo de venda deste e outros produtos típicos da comarca.

Galego

XXIV Festa do Melindre e da Reposteria Tradicional da Terra de Melide

Melide recende a doce dun xeito moi especial no segundo domingo de maio desde hai 23 anos. A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide ten lugar na Praza do Convento, punto onde se concentran os expositores.
Aínda que durante moitos anos se falou da Festa do Melindre, a exaltación estendeuse a toda a repostaría típica e tradicional de Melide e a súa comarca. Son tres os produtos que recollen a esencia da tradición reposteira na zona: o melindre, o rico e o amendoado.

Galego

Festa dos maios

En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o remate do cru inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas. Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.

Galego

XXIX Festa do Choco

Da Enseada de San Simón procede o choco que todos os anos, na primeira quincena de maio, cobra protagonismo na vila de Redondela. A festa de exaltación deste cefalópodo da ría de Vigo comezou a celebrarse nos anos 80 e nas súas últimas edicións logrou reunir a máis de 30.000 persoas que consumiron 5.000 quilos.
A festa, que coincide na época na que hai máis presenza deste produto, ten como eixo central unha gran carpa situada na Alameda. 

Galego

52 Feira do viño do Ribeiro

A capital da comarca do Ribeiro celebra desde 1963 unha festa dedicada ao seu viño, un produto de fama e tradición milenaria que constitúe o elemento de identidade por excelencia desta comarca ourensá. É a Feira Exposición do Viño do Ribeiro, unha boa ocasión para coñecer e catar a variedade de caldos, brancos e tintos, que se producen nestas terras bañadas polos ríos Miño, Avia e Arnoia.

Galego

XXXVII Festa da troita da Pontenova

A Festa da Troita da Pontenova, na Mariña Lucense, é unha singular e xenuína celebración que atrae desde hai máis de 30 anos aos pescadores de toda Galicia, Asturias e outras comunidades. Ata un centenar deles participan nun concurso de pesca deportiva de troita que está declarado pola Federación Nacional de Pesca como concurso de interese deportivo nacional, con premios para quen consiga máis número de pezas, para quen obteña a troita de máis peso e para ou concursante de menor idade.

Galego

Festa da troita de Oroso

Sigüeiro ten un coto de pesca moi concorrido durante a tempada de pesca e desde o ano 1996 unha festa que enxalza a longa tradición troiteira da localidade. O segundo domingo de maio ten lugar un concurso de pesca e unha degustación gratuíta de troitas que reúne a preto de 30.000 persoas. En torno a estes dous eixes, desenvólvese un programa festivo durante toda a fin de semana, con actuacións de charangas e orquestras, obradoiros infantís e xogos tradicionais. Propostas de ocio para todos os gustos que van desde un Festival Folk ata unha concentración de coches clásicos. 

Galego

Festa da troita de Ponte Caldelas

Desde 1967, por iniciativa dun grupo de pescadores da localidade, Ponte Caldelas enxalza a afluencia de troitas no río Verdugo e organiza unha popular festa gastronómica, loada por literatos e personaxes da vida social e cultural galega, e un Concurso Internacional de Pesca moi coñecido polos afeccionados.
Todas as sociedades de pesca de Galicia son invitadas a participar na competición  que ten lugar no paseo fluvial entre a praia fluvial da Calzada e a vila e é seguido in situ con curiosidade e admiración, polo público.

Galego

Festa da filloa

“Vés das mans das avoas das nosas avoas,
moi ilustre señora, filloa, vella amiga,
fino corpo lixeiro,
leite e fariña triga,
para ti a nosa festa, para ti as nosas loas.
Se con mel ou con azucre, toda amor, te nos doas, é
xusto que adozada a nosa lingua diga
por mellor festexarte tamén unha cantiga
en Muimenta onde hoxe raíña te coroas”. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico