Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Romaría da Fraga

A Romaría da Fraga comezou a celebrarse a principios do século XX, alá polo 1904, nunha illa do Eume, polo que entón era coñecida como Romaría da Insua. Hoxe a illa xa non existe, e a festa ten lugar na carballeira de dona Rita na beira do Eume (forma parte esta paraxe das Fragas do Eume). Ademais das celebracións relixiosas, na noite do día 24 celébrase un festival folk.

Celébrase todos os 25 de xullo poñendo o punto e final ás festas patronais na honra á Virxe do Carme. Os veciños acoden coas súas comidas á ribeira do río Eume festexando o Día de Santiago Apóstolo.

Galego

Festa do carneiro ao espeto

A Festa do Carneiro ao Espeto pon o punto final ás festas de Moraña. O escenario é a carballeira de Santa Lucía. Aquí ásanse ao estilo pampeiro (abertos en canal e con lume de leña), preto de douscentos carneiros. Non se venden racións, senón carneiros enteiros, polo que é unha festa gastronómica na que participan grandes grupos de amigos, previa reserva de mesa.

Galego

Festas do Apóstolo 2015

A capital galega celebra as súas maiores festas na segunda quincena de xullo, cun programa que combina festivais de folclore galego ou de música clásica, concertos de gran formato, pequenos concertos, orquestras, teatro de rúa, teatro de sala, animación na rúa, programación infantil, charangas, humor, danza... para chegar a todos os públicos: a xente miúda, familias e adultos.

Galego

Gran Premio de Carrilanas de Esteiro

Os veciños da parroquia de Esteiro, no municipio coruñés de Muros, organizan o "Gran Prix" de carrilanas. A que fora unha das principais diversións dos nenos da posguerra, as baixadas vertixinosas sobre unha plataforma de madeira montada sobre catro caixas de bolas, adquire nesta localidade a categoría de deporte artesanal (que hai quen cataloga entre os denominados "deportes de inercia").

Galego

Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas

Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 2004, a festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas conta cun grande arraigo popular na súa contorna. Durante cinco días celébranse distintos actos, entre os que destacan o pregón, a regata internacional de faluchos (embarcacións tradicionais de vela latina), a procesión e o Festival Poético Piro-Musical.

Galego

Festa da Vieira

A singularidade da Festa da Vieira baséase en que se trata da única festa de exaltación deste molusco que se comercializa no porto de Tragove. Esta festa de exaltación gastronómica conta, ademais, cun amplo carácter participativo porque está organizada por numerosas asociacións. Cada ano recibe ademais un número de visitantes que supera os cincuenta mil.

Galego

Festa da Dorna

Esta peculiarísima e atípica celebración atrae cada verán miles de persoas a Ribeira á procura dunha diversión que está de sobra garantida. A Festa da Dorna une tradición e modernidade. Naceu un 24 de Xullo de 1948, quedando establecido o día grande para o resto da Historia, e fixo xa coma quen non quere a cousa, grazas a unha panda de compañeiros amigos da troula e da embarcación máis tradicional e básica para o mariñeiro común de Riveira: a dorna. Durante décadas celebrouse un só día, coroado polo baile e o concurso no que un pescador era premiado cunha dorna.

Galego

Festa de San Benitiño de Lérez

Nun pequeno montículo, á beira do río Lérez, sitúase o mosteiro de San Salvador de Lérez, cunha capela dedicada a San Bieito, o santo milagreiro ao que se lle atribúe a curación de enfermidades da pel, sobre todo verrugas e pústulas. Ata aquí desprázanse os romeiros para asistir a algunha das continuas misas que se celebran desde a mañá, achegarse á pota de cobre onde se queima o aceite milagreiro para adquirilo ou untalo aí mesmo, e cumprir co rito de pasar por debaixo do altar do santo para obter as súas bendicións.

Galego

Festa do Polbo de Mugardos

A festa do produto máis típico de Mugardos celébrase no Parque da Constitución durante todo o día, no que a xente pode degustar o Polbo á Mugardesa, ademais de divertirse coas charangas.

O misterioso encanto do Polbo á Mugardesa

Se algo destaca na cociña mugardesa é a calidade, variedade e riqueza dos produtos do mar, cociñados de forma familiar, artesanal e pausada, que ten como resultado pratos deliciosos. 

Galego

Feira Franca Medieval de Betanzos

Celébrase desde 1998 en recordo da feira que tiña lugar nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV. Deste xeito represéntanse escenas da propia historia betanceira coa colaboración e a participación das asociacións e os habitantes da cidade que fan de actores, bailaríns, nobres, campesiños, leprosos, etc. coa axuda do Concello.
Os actos centrais desta Feira Franca teñen que ver coa interpretación de escenas que marcaron de xeito importante o desenvolvemento e a cultura de Betanzos:

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico