Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O Naseiro

O val que forma o río Landro no lugar do Naseiro, na parroquia de San Pedro, convértese nun poboado de casetas, postos e mercado, con escenarios e atraccións, onde acampa a xente (algúns con todo luxo de comodidades levadas da casa) para gozar de cinco días coas súas noites de troula, comida e bebida.
A festa é tamén coñecida co sobrenome da "romaxe do bo xantar", xa que cada xornada é dedicada a un manxar: polbo, marisco, doces, carnes, sardiñas e caldo consúmense masivamente, ao son da música das gaitas e das charangas polo día, e da verbena pola noite.

Galego

Festa da empanada

A Carballeira das Silvas de Bandeira é xa coñecida como a das Empanadas, xa que desde 1974 celébrase nela, a festa da empanada, un dos pratos máis representativos da cociña galega, que desde antigo se servía nos mosteiros e mesóns aos peregrinos que pasaban polas terras do Deza cara a Compostela.

Galego

Festa da Malla

A través desta festa rememórase o ancestral labor da malla de cereais, a actividade na que os agricultores separaban o gran (para destinalo a fariña) da palla (para forraxe dos animais).

Galego

Folión de Carros de Chantada

No arranque das festas patronais, o sábado pola noite ten lugar en Chantada un desfile de carros do país tirados por bois, sobre os que se representan diversas escenas de oficios tradicionais e de labores agrícolas. Amenizada coa actuación de gaiteiros e bandas, esta mostra de etnografía popular ten a súa orixe na Idade Media, nos tempos en que os gremios abandonaban durante un día o seu tradicional illamento e percorrían a localidade conxuntamente. Co seu desfile sobre o seu propio carro, os artesáns daban fe da súa existencia e o seu valor na organización social da época.

Galego

Naufraxio de Laxe

O Naufraxio, é unha homenaxe que as xentes do mar de Laxe lle fai á Virxe do Carme pola súa protección durante todo o ano nas diferentes tarefas que realizan no mar, evitando que se produza ningunha traxedia, tan habitual ás veces entre os mariñeiros.
O naufraxio foi instituído no ano 1962 por un mariñeiro de Laxe, Avelino Lema Santos, que sobreviviu a tres naufraxios. Dende entón realizase de forma ininterrompida ata o día de hoxe.

Galego

Festas Patronais de San Roque

O día máis esperado das festas de Vilagarcía de Arousa é o 16, festividade de San Roque, data na que conflúen dous dos máis soados actos: a procesión do santo, de tradición secular, e a Festa da Auga, nacida nos anos 80 de forma espontánea e xa con recoñecemento institucional. Deste xeito, a programación do día comeza coa misa solemne e a multitudinaria procesión do Santo, que, lonxe do recollemento que adoita caracterizar estes actos, aquí ten unha compoñente moi festiva, pois o percorrido se fai baixo as notas do pasodobre "Triunfo" e ata se fai bailar ao santo.

Galego

Danzas ancestrais de San Roque do Hío

Con varios séculos de historia, a "Danza de San Roque" celébrase diante do famoso cruceiro do Hío, labrado nunha soa peza. Interveñen unha vintena de homes, divididos en tres fileiras. Unha fileira asume o papel de damas e as outras dúas o de galáns. A particularidade da posta en escena é o vestiario dos bailaríns: mentres os galáns visten de branco, con sombreiro de feltro e garabata negra, as damas portan un curioso uniforme, moi similar á tradicional vestimenta dos que peregrinan a Compostela. De aí que o baile sexa denominado tamén “Danza de Peregrinos".

Galego

Festas Patronais de San Roque

Aínda que durante todo o mes se suceden concertos, torneos deportivos e outras actividades culturais, os días grandes das festas de Sada a localidade estoura. Moitas son as persoas nativas desta vila mariñeira que regresan nestas datas para gozar da mellor tradición festiva e honrar ao santo patrón na procesión do día 16.

Galego

Festas de San Roque

Á sombra das árbores e dos toldos, a bordo de orixinais embarcacións, engalanadas para a ocasión grupos de mozos e mozas amenizan coa súa troula a romaría no Campo dos Caneiros, na parte alta do río Mandeo. A navegación polo tramo que separa o núcleo de Betanzos desta parte alta do río é unha auténtica troula, chea de colorido e de bo humor. O embarque, animado con música de charanga, faise no Paseo da Tolerancia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico