Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Feira do Queixo de Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa tense consolidado como unha das citas gastronómicas máis importantes de Galicia, tanto pola calidade do produto protagonista como polo interese dos actos programados.
O queixo de Arzúa amparado baixo a marca de Produto Galego de Calidade, conta coa súa propia Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e co control dun Consello Regulador que certifica que foi elaborado co método tradicional, a partir de leite enteiro de vaca, nos concellos de Arzúa, Cuntis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vilasantar, Friol, Monterroso e Palas de Rei.

Galego

Festa da Castaña e do Cogomelo

Desde 1990, o Concello de Riós organiza unha festa para dar a coñecer dous produtos do outono típicos desta zona montañosa do Sueste da provincia de Ourense: a castaña e os cogomelos. Para iso celébranse durante dous días actividades de tipo cultural e gastronómico e de divulgación de distintos aspectos da economía agropecuaria da zona.

Galego

Feira dos Santos

Considerada a Feira das Feiras en Galicia, a súa orixe remóntase á Idade Media, vinculada a un imposto sobre o sal cobrado na contorna da vila. Tradición e autenticidade son dúas calidades que se poden aplicar á feira que por Santos se celebra en Monterroso, na comarca da Ulloa, e no centro xeográfico de Galicia. Polo menos, este mercado agrícola e gandeiro funciona desde 1450, data da que se teñen probas documentais, aínda que as últimas investigacións apuntan a que a feira pode ter unha antigüidade de 800 anos.

Galego

As San Lucas

As campás da catedral de Mondoñedo, acompañadas de potentes bombas, anuncian ao mediodía o comezo das San Lucas, unha das máis importantes feiras tradicionais de Galicia, cuxa orixe se remonta a 1156, ano no que Afonso VII concedeu á vila unha festa de oito días. E pola tarde ten lugar o pregón, en presenza da raíña das festas e as dúas damas de honra, o sanluqueiro, as autoridades e membros da Comisión de Festas e os xigantes e cabezudos, que desfilan ata o Auditorio Municipal acompañados dun grupo de gaitas.

Galego

Festa da Faba

A abundancia de chuvias, as características do solo e as técnicas tradicionais de cultivo conxúranse na Mariña luguesa para producir unhas fabas de excepcional calidade que foi recoñecida coa Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá.
Na promoción desta leguminosa, que no Val de Lourenzá se cultiva nas súas variedades locais, Faba Galaica e Faba do Marisco, e comercialízanse secas e separadas da súa vaina, enteiras e limpas, xoga un importante papel, desde 1990, a Festa da Faba, un grande encontro de produtores, compradores, tratantes e consumidores.

Galego

Festas de San Froilán

Unha peculiaridade das festas patronais de San Froilán, que se celebran desde 1754, é o grande atractivo que teñen para todo o resto de Galicia. De feito, nas dúas fines de semana que abrangue, Lugo convértese no epicentro da vida social de Galicia, en torno ás que son consideradas as festas do outono galego por excelencia. No campo da feira, as casetas do polbo son o maior reclamo das festas. As numerosas atraccións para nenos e o mercado completan un cadro festivo que acrecenta o seu interese ano tras ano e rexistra unha afluencia de centos de miles de visitantes.

Galego

Festa das Fachas de Castelo

A parroquia de Santa María de Castelo é o único lugar de Galicia no que perdura a tradición das fachas, un rito que os estudosos explican como un xeito de comunicación entre os antigos poboados castrexos, aínda que podería formar parte tamén de certos rituais máxico-relixiosos. En calquera caso, non é casualidade que a queima das fachas, coa que comezan as festas desta parroquia, se realice na cima dun antigo castro.

Galego

Festa do Marisco

En torno á oferta gastronómica de luxo que se pode degustar en toda a localidade e nos expositores aliñados no peirao, O Grove programa unha festa con moitos alicientes, con concertos de recoñecidos intérpretes do panorama estatal e de grupos folk e o xa tradicional Certame de Habaneras, actuacións folclóricas, animación na rúa ou regata de dornas.

Galego

Romaría da Nosa Señora dos Milagres

Celébrase o 8 de setembro. A súa antigüidade remóntase ao século XVI.
O domingo anterior ao 8 de setembro, a imaxe da Virxe trasládase en peregrinación desde a Igrexa Parroquial de Nosa Señora do Socorro ata o Santuario dos Milagres, acompañada dunha multitude de xente. A partir da tradicional suba da Virxe ata o domingo seguinte (no que volve), os camiños que nos levan ao Outeiro énchense de devotos e peregrinos, sendo o día 8 o que conta cun maior número de visitantes.

Galego

Romaría da Saínza

Na Limia, que se dicía atravesada polo mítico río do Esquecemento, interior da provincia de Ourense, habita a tradición e certa esencia da Galicia rural agraria. Paraxes montañosas, vixiadas por torres que disputaban mosteiros e os condes de Monterrei e de Moctezuma. Onde tamén se conta que naceu a fermosa, malograda e namorada esposa de Pedro "O Cruel", Inés de Castro, raíña despois de morta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico