Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festa do Monte

As Festas do Monte son as festas máis importantes da comarca, como amosa a súa declaración de Festa de Interese Turístico Galego en 2009. Durante toda a semana organízanse diferentes actividades deportivas, culturais e lúdicas.
O domingo das festas (09/08/2015) as bandas mariñeiras soben ó monte xunto coas familias e visitantes para  celebrar unha das máis afamadas romarías enxebres de Galicia. O luns despídense as festas cun concerto de música e cunha espectacular tirada de fogos de artificio.

Galego

Xira de Santa Cruz e Día da Gaita

O festexo iniciouse en 1965, cando no miradoiro foi erixido o monumento o Gaiteiro Galego e foi institucionalizado o Día da Gaita. Os festexos empezan o sábado co pregón, o domingo pola mañá varios grupos de gaiteiros e tamborileiros percorren as rúas da vila; a media mañá fronte a casa consistorial actúan distintas agrupacións folclóricas e a continuación centos de ribadenses e visitantes concéntranse no monte de Santa Cruz para facer a ofrenda floral o Gaiteiro Galego, xantar e gozar da verbena que pecha a xornada.
A programación é a seguinte:
1 de agosto     

Galego

Romaría de San Fins do Castro

A Festa de San Fins do Castro, en torno á ermida situada en medio dun belo bosque en Cesullas, debe a súa continuidade ao labor do párroco Saturnino Cuíñas, que foi quen a impulsou nos anos 30. Aquí chegan os romeiros co convencemento de que as augas que emanan dunha fonte nas proximidades cura as verrugas, así que o rito é achegarse a ela e mollarse cun pano que se deixa alí. O milagre sucederá cando sequen os panos.

Galego

Festa da Maruxaina

Os habitantes desta parroquia mariñeira non se poñen de acordo sobre o carácter e as verdadeiras intencións da Maruxaina, un personaxe que protagoniza unha das máis remotas lendas galegas e vive nas illas dos Farallóns. Uns din que é unha fermosa ninfa con corpo de muller e cola de peixe que ten envexa das mulleres dos mariñeiros, e por iso co seu sedutor canto atrae os mariñeiros para gozar da súa compañía. Outros manteñen que ela lles avisa dos temporais e que é unha vella bondadosa.

Galego

Romaría da Tortilla de Laro

A Carballeira de Castro acolle desde o ano 1989 unha das festas gastronómicas máis concorridas do panorama galego, xa que reúne cada ano arredor de 10.000 persoas, que saborean unhas 2.000 racións de tortilla e 1.000 litros de viño. Na romaría non falta o pregón, un concurso-degustación, unha poxa de tortillas gañadoras e unha gran cea na carballeira con actuacións de grupos tradicionais, charangas e orquestras. 

Galego

Festa do Pemento de Arnoia

O primeiro protagonista da Festa do Pemento é, como é lóxico, o "pemento de Arnoia". Esta hortense oriunda de América adaptouse perfectamente ao lugar. O tipo de chán, microclima e coidado tradicional, unidos á pureza dos manantiais de auga de regadío, producen o chamado pemento de Arnoia.

Galego

Festa do viño albariño

Na rúa da Calzada instálanse as casetas onde se pode degustar o viño e mercar directamente aos adegueiros, e tamén postos de comida. No ambiente festivo teñen especial relevancia as peñas, grupos de cambadeses que participan na organización da festa e que, ataviados con camisetas identificativas e o seu vaso, sempre disposto para outro viño, animan coa súa troula as rúas e os bares.

Galego

Feira do Bonito

Facendo honra á súa condición de porto líder na captura do bonito do Norte, os veciños de Burela e os milleiros de visitantes que recibe nas datas de verán gozan desta xornada gastronómica en torno ao seu famoso peixe. A degustación, amenizada pola música de gaitas, ten lugar nunha carpa instalada no peirao, onde as racións de bonito se presentan de distintos xeitos: en empanada, cocido, asado á grella...
A Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia é a encargada da organización desta festa que remata pola noite con bos concertos de música.

Galego

Romaría Vikinga

A Romaría Vikinga celébrase en Catoira o primeiro domingo de agosto, dende a súa primeira edición no ano 1960. Trátase dunha festa profana, que rememora o papel que desempeñou Catoira na defensa de Galicia fronte ós ataques dos piratas normandos e sarracenos na busca do tesouro da Igrexa Compostelá. A Romaría Vikinga é hoxe patrimonio de tódolos catoirenses, que traballaron duramente e con ilusión para convertela nunha das festas máis famosas e peculiares de Galicia, sendo declararada no ano 2002 festa de Interese Turístico Internacional.

Galego

O Oenach Atlántico

Trátase dunha recreación dunha aldea castrexa e conforma un evento multidimensional con base etnográfica e antropolóxico-cultural que tenta recrear as raizames da cultura e xeitos de vida rurais a partir da cultura castrexa. O festival Oenach emprega unha didáctica museística dinámica e viva, centrada na veciñanza da parroquia de Sedes como dinamizador esencial.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico