Festa/Feira popular

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Danza 3 | O Fiadeiro

A agrupación de danza e música tradicional O Fiadeiro sae ao encontro do público no Campo do Oural, Boqueixón, para ofrecer un repertorio de pezas de danza galega recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de bailadoras e bailadores.

A actuación enmárcase dentro da 13ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Galego

Romaría da Rebullón VI aniversario

Este Sábado 27 de Maio na Romaría da Rebullón festexamos o VI aniversario da Sala Rebullón cun evento no que desfrutaremos da música ao vivo durante todo o día en horario de 12:00 a 00:00 nunha gran carpa e con porco ao espeto como menu principal desta gran festa. As bandas encargadas de festexar este aniversario serán Fillas de Cassandra, Familia Caamagno, Filloas, Zea Mays, Storrentos, Airiños do Castelo e DJ Enxebre.

Galego

Festa da 3ª Idade

Logo de tres anos sen celebración dos maiores, motivada pola situación da pandemia do covid-19, o Concello de Palas de Rei retoma este ano, a festa dos maiores de Palas de Rei. Os máis 1200 habitantes, maiores de 65 anos, de Palas de Rei están convocados a dita celebración que terá lugar o vindeiro sábado, 1 de abril, nas instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal dos Chacotes.

Galego

Baile de disfraces

A programación municipal de entroido continúa o martes 21 de Febreiro ás 18:30 tamén no Auditorio Municipal cun baile de disfraces con música en directo do trío Azar. Este está pensado para todos os públicos e incluirá premios para o disfrace máis divertido, o máis elaborado e a parella máis danzarina.

Galego

Entroido infantil con teatro de sombras

O Concello de Nigrán ofrece este luns 20 de Febreiro no Auditorio Municipal de 17:30 a 19:30 un entroido infantl para crianzas de 3 a 16 anos baseado no teatro de sombras, ademais de animar ás crianzas a acudir disfrazados. O público asistente investigará de xeito autónomo o funcionamento da proxección da luz nos corpos e nas superficies, texturas, cores, formas... Un espazo para crear e construír mundos propios ou compartidos botando man de materiais desestruturados e de refugallo (cartóns, papeis, cordas, pinzas, teas, celo, tapóns…).

Galego

Pepitas 2023

Un ano máis, o 18 de marzo, Ferrol envólvese en música para celebrar a Noite das Pebidas . Previamente, no Teatro Jofre a partir das 17.00 horas, acolleremos as novas madriñas e padriño das Roldas e volverémonos a atopar cos amigos de Mondoñedo para conmemorar a irmandade entre os nosos pobos. Este ano tamén conmemoramos o 50º aniversario da irmandade entre Ferrol e Vila do Conde e contaremos coa actuación musical do Rancho da Praça no teatro.

Galego

Entroido de Nigrán

O evento mantense exactamente igual, así, será presentado polo coñecido monologuista Pepo Suevos e contará coa animación de rúa a cargo da batucada ‘Bate no Cobre’ na apertura do desfile e durante a deliberación do Xurado.. O desfile, como é xa habitual, comezará ás 21:00 horas e irá por Rosalía de Castro (desde a rúa Telleira ata a Casa Consistorial) e o fallo e achega de premios será in-situ.

Galego

III Certame de Rondallas do Val Miñor

O Concello de Nigrán e o C.C.R. Parada do Miñor ofrecen o domingo 18 de decembro desde as 10:30 horas na Alameda de San Campio de A Ramallosa o III Certame de Rondallas do Val Miñor. Participan todas as formacións da comarca (Santiago de Parada, Centro Cultural A Merced de Chaín, a Asociación de Veciños Galiñeiro Vincios) e asiste como invitada a Rondalla do Centro Cultural e Veciñal de Valadares. En total, máis de 300 rondallistas darán cor á alameda neste multitudinario certame que se recupera tras a crise da Covid-19.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa/Feira popular