Festa/Feira popular

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Feira de Abril 2022

Tras dous anos de parón, Vigo gozará da súa particular Feira de Abril na Zona Naútico, As Avenidas e Montero Ríos. Non faltará ningún elemento da tradicional festa andaluza. Haberá carpa, casetas, atraccións, clases de flamenco e, por suposto, gastronomía.

A Caseta da Casa de Andalucía, coorganizador do evento, estará aberta o xoves 14 de 14:00 a 02:30 horas; o venres, desde as 14:00 ata as 03:30 horas; o sábado de 12:00 a 03:30 horas; e o domingo de 12:00 a 01:00 horas.

Galego

Festa da Alegría 2022

A popular Festa da Alegría comezará o vindeiro martes, 7 de xuño, e alongarase ata o domingo 19. Cabe destacar, que a Asociación de Veciños do Calvario coa colaboración do concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra organizou unha programación na que haberá concertos; animación con pasacalles; unha feira con postos de artesanía; contacontos para os máis pequenos e talleres.

Ademais, a festa non só trae como novidade a súa duración, tamén se celebrará o Irmanamento coa freguesía de Algovre e o Casabranca Weekend Festival para dinamizar a zona con diferentes actuacións musicais. 

Galego

Festeo

O FesTeo é unha xornada de festa e encontro no que se pon en valor o tecido asociativo e cultural do Concello. Haberá música, baile, deportes cultura urbana e teremos a presenza dos movementos sociais coa participación destacada das entidades teenses.

E para o fin de festa, sobre as 20.30 h, haberá un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Será de balde e non é precisa inscrición previa.

Galego

Entroido en Nigrán

O Concello de Nigrán inicia os actos do entroido o venres 25 de febreiro coa actuación de Cristian de Samil co show 'Mamá&Monólogos' no Auditorio Municipal ás 20:00 horas. Tras o tradicional desfile de comparsas do sábado 26, o luns 28 de febreiro será o turno dos máis pequenos con contacontos e baile desde as 17:00 no Auditorio Municipal.

Galego

Mostra do mel do Val de Quiroga

O Concello de Quiroga dará a coñecer unha vez máis a calidade do mel que se produce no municipio. Farao o martes, día 10 de agosto, na Mostra do Mel, coincidindo coa feira de mercado.

O recinto feiral para a venda de mel e outros produtos apícolas como xelea real, pole ou própole, instalarase o martes día 10 dende primeiras horas da mañá pola rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial. A partir das once da mañá a charanga Europa encargarase de amenizar o recinto feiral. 

Galego

Festiña do Apego

Un día para celebrar o Apego no comezo do camiño de volta ás clásicas festas de final de ano.

12  h: Arrolos de salitre con Faia Díaz e Guillerme Fernández (0-3 anos) Os tres porquiños con Migallas Teatro (0-3 anos)
Dúas propostas nun mesmo espazo (reserva de entrada única). A música vai presentar Faia Díaz e Guillerme Fernández nun concerto-taller de cantos de berce onde aprenderemos melodías para arrolar con lingua, música e moito, moito apego. O conto vai poñer Bea Campos, de Migallas Teatro, co seu particular e orixinal historia sobre os tres cerditos.

Galego

O Samaín 2021

Desde a  OMIX do Porriño  e a Concellería de Educación  do concello do Porriño, co gallo do Samaín 2021, convidamos aos nenos/as de primaria dos colexios do Porriño a  participaran na decoración de cabazas, tal e como se ven facendo nestes últimos anos.

A temática  foi  libre e o material decorativo tamén. Non houbo restricións técnicas nin materiais.

Galego

Festa dos Maios en Pontevedra

A cidade de Pontevedra celebra a chegada da estación primaveral co tradicional Concurso de Maios, que terá lugar na Pza. dá Ferrería a partir das 11.00 horas.

Os participantes no concurso deberán cumprir os seguintes requisitos: o maio debe ser de forma cónica, de entre 1,5 e 2 metros de altura e adornado con produtos tradicionais. No que se refire ás cantigas que acompañan á presentación dos maios, valorarase a retranca, a composición, o ritmo, a linguaxe e a interpretación.

Galego

Entroido 2021 de Pontevedra

“Este ano o Entroido vai por dentro” é o lema do Entroido en liña pontevedrés. A concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou esta mañá as actividades que achegarán, desde a páxina web e as redes sociais do Concello, os mellores fitos da historia do Entroido de Pontevedra aos domicilios de todas as persoas que non queiran renunciar a esta cita.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa/Feira popular