A volta ao mundo en 80 Entroidos
A Cidade da Cultura convida o 27 de febreiro a un Baile de Entroido viaxeiro, no que percorrer o mundo descubrindo os diferentes entroidos galegos e a celebración do Carnaval nos diferentes continentes a través da danza.
A volta ao mundo en 80 Entroidos descubre, a través da música e o baile, as nosas tradicións no Entroido e as de países como Brasil, Colombia, Portugal ou Perú.
Da man de Entroidanzas, un animado espectáculo de iniciación ao baile a cargo de Pesdelán, viaxarase polas culturas máis diversas dunha forma lúdica, imaxinativa, divertida e en familia.

