Festa/Feira popular

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festa do Banquete

O Banquete de Conxo é un dos momentos destacados da historia galega do século XIX. Unha festa celebra en Santiago o seu  162 aniversario. O evento será na carballeira de Conxo, ás beiras do Sar, na que se recuperará antes o espazo. 

A festa contará cun mercado do libro e da artesanía, con actividades para nenos ou con mesas redondas e outras accións para comprender mellor a historia do Banquete de Conxo. 

Galego

Entroido en Parada de Sil

O Entroido en Parada de Sil ten por protagonistas a unhas figuras tradicionais: os Ánxeos. Estas personaxes sairán ás rúas ao longo do sábado de Entroido, nun percorrido de carácter festivo que os leva polas distintas aldeas do concello e ao que se suma a veciñanza das parroquias cos seus disfraces. 

Ao mediodía haberá unha comida popular, na que se servirá o típico cocido de carnaval, con baile de disfraces.

Galego

Entroido en Baños de Molgas

A celebración do entroido en Baños de Molgas comeza cun evento para a rapazada: o Ciclo de entroido concentrado para cativ@s. Esta actividade une os festexos dos domingos de oleiro, fareleiro e corredoiro nun só día. Celébrase o 9 de febreiro (nova data por cancelación da anterior), a partir das 16.30 na Aira de Arriba, e os asistentes teñen que ir vestidos de farrumecos. 

O domingo, 11 de febreiro, é o día do desfile e concurso de comparsas, que sairán ás 16.30 horas da Casa do Concello, e irán acompañadas da charanga Sorcha. 

Galego

Entroido na Cañiza

A celebración do entroido comeza na Cañiza o domingo 11 de febreiro co tradicional concurso de comparsas, que se ven celebrando na localidade desde hai dúas décadas. Se o tempo acompaña, as comparsas sairán ás 16:30 horas da Carballeira do Cacharado, desfilando polas rúas da vila ata chegar ao pavillón de deportes da Cañiza, na rúa Carballo do Marco, onde se desenvolverá o concurso.

Galego

Feira do Grelo

A Feira do Grelo das Pontes de García Rodríguez, a primeira que se adicou en Galicia e este produto, celebrouse por primeira vez no ano 1981, froito dunha iniciativa desenvolvida pola corporación municipal e a comisión de festas daquel ano. 

Galego

Entroido 2018

O Entroido é unha das grandes festividades de España, recoñecido como manifestación representativa do patrimonio cultural inmaterial. En Galicia hai multitude de propostas singulares, que se celebran desde as fins de semana do mes previo ata días posteriores á propia semana de Entroido, que este ano vai do sábado 10 de febreiro ao mércores 14. 

Galego

Mascarada Ibérica

¿Festas de Entroido por adiantado e de varias zonas nun único lugar? Iso é o que ofrece a Mascarada Ibérica, que celebra a súa cuarta edición en Vilariño de Conso e Viana do Bolo. Preto de 40 mascaradas de festas de Entroido de Galicia, León, Zamora, Asturias, Cantabria, Guadalaxara ou o norte de Portugal formarán parte dos participantes. 

Galego

Pontexogos

Pontexogos chega este ano con importantes novidades. A renovación pasa pola incorporación dun rocódromo inchable de oito metros de altura e un minicine chamado A caixiña dos mistos. Ademais disto, tamén estará o tradicional carrusel e a completa oferta de talleres para manter ben ocupados os máis pequenos de cada casa mentres os maiores realizan as súas compras do Nadal.

Para acceder a este parque de xogos non se esixe o pago de ningunha entrada, unicamente requírese a presentación dun billete de compra nalgún establecemento da cidade.

Galego

XXII Feira de Outono de Allariz

Durante a segunda fin de semana de novembro o Concello de Allariz, coa colaboración da Asociación de Comerciantes da vila, organiza e celebra a súa tradicional Feira de Outono, que ten como obxectivos a promoción, potenciación e valorización dos produtos agrarios do outono, tanto locais coma comarcais: cogomelos, mel, castañas, noces, embutidos e pan artesanal, así como os seus derivados.

Ao longo desta fin de semana, os restaurantes de Allariz ofertan aos seus clientes menús e petiscos especiais en base aos produtos desta época do ano expostos na Feira.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa/Feira popular