Festa/Feira popular

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Corazón da Artesanía

A música será unha das protagonistas do encontro este ano, con actuacións de grupos recoñecidos da escena galega como O Sonoro Maxín e Sumrrá (na Praza do Concello a partir das 22:30 horas o venres e o sábado). O sábado pola mañá terá lugar a actuación de música e teatro As fillas bravas, da Compañía Chévere, a partir das 13:00 horas nos Pendellos, un espectáculo de humor con perspectiva de xénero a través dun repertorio baseado na música tradicional. A partir das 18:00 horas está programado un pasarrúas do grupo de música tradicional Bico da Balouta (Agolada).

Galego

San Xoán Mutante

Outro ano máis, o Liceo Mutante acollerá a festa de San Xoán cun evento no que participarán sete DJs.

O apartado culinario estará cuberto polos chefs do Liceo, que prepararán unha gran variedade de comida vexetariana.

Para rematar a noite, haberá unha fogueira que se acenderá ás 12 da noite.

A festa está enfocada a todos os públicos, os nenos e nenas serán benvidos.

Galego

Festas de San Xoán

Santiago de Compostela celebra o San Xoán, a tradicional festa de benvida do verán. 

A celebración arranca o día 22, co traslado do 'lume sagrado' dende o Pico Sacro. O 23 haberá roteiros para a recollida de herbas e un Tren Cacharelo, que permitirá visitar de balde as fogueiras da cidade. O día 24 haberá conxuro con queimada e tamén consumo de auga máxica de San Xoán.

O programa de actividades completarase cunha zona infantil, con obradoiros, cun mercadiño tradicional, unha área gastronómica e concertos, todo na Praza de Mazarelos. 

Galego

Feira Franca Medieval de Betanzos

Celébrase desde 1998 en recordo da feira que tiña lugar nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV.

As rúas e os balcóns dos edificios do Centro Histórico de Betanzos son engalanados con teas e estandartes que representan os escudos das familias betanceiras do baixo medievo.

Os actos centrais desta Feira Franca teñen que ver coa interpretación de escenas que marcaron de xeito importante o desenvolvemento e a cultura de Betanzos:
 

Galego

II Xuntanza Galicia Swing

O aniversario  do nacemento de Frankie Manning, bailarín e coreógrafo considerado como un dos fundadores do lindy hop, é a escusa baixo a que se organiza a segunda edición da Xuntanza Galicia Swing, coa vontade de servir de punto de encontro dos lindy hoppers de Galicia e parte do estranxeiro. 

Nesta edición, a convocatoria realízase no Matadoiro, en Santiago. Ábrese a posibilidade a quen o queira de facer algunha coreo de swing. 

Galego

Foliada de Melide 2018

Encontro cultural de música, artesanía e tradición celebrado anualmente a última fin de semana do mes de abril en Melide.  Este ano chega  a XIV edición  con animación de rúa,  obradoiros, charlas, concurso de cantos de taberna e as actuacións de Bruno Villamor, Banda das Crechas , The Turre's Band ou Odaiko & Vanesa Muela entre outros.

Galego

Arde o pazo 2018

10 edición da festa Arde o Pazo de Mos, recordando o paso do exército de Napoleón polo Val da Louriña en 1809.
Representacións, mercado de artesanía, actuacións musicais, exhibicións de baile, furanchos e moito máis.

Galego

Sementeira do millo 2018

Música, teatro, mostras e obradoiros serán algunhas das actividades coas que Matamá lembre as labores de plantación do millo coa súa Sementeira do millo, organizada polo colectivo Malaherba. 

O sábado é a quenda das Olimpíadas do campo, nas que haberá probas como o lanzamento de sacho ou boina. O domingo será a saída de carro de bois e a labranza e feira tradicional, xunto coa propia sementeira do millo, feita polos nenos e nenas asistentes. 

O programa complétase con distintas actuacións teatrais e musicais, para todos os públicos. 

Galego

Sementeira e música

A festa Sementeira e música de Corzáns, en Salvaterra do Miño, chega á súa XII edición cun programa de actividades centrado en render tributo ás formas tradicionais de traballar a terra. 

Durante a xornada haberá unha feira de artesanía e unha exposición de tractores antigos. Pola mañá será o tempo dos traballos de labranza e sementeira e do pregón. Tras a comida campestre, haberá varios espectáculos musicais e teatrais, xunto coas V olimpíadas agrícolas. 

Galego

Cidade Imaxinaria Primavera

A Cidade da Cultura acolle Cidade Imaxinaria Primavera, unha xornada familiar gratuíta chea de maxia e diversión con espectáculos, música e xogos. En total, serán catro horas de actividades ininterrompidas con treboadas de confeti de cores dentro de burbullas xigantes, espectáculos ou xogos tradicionais. A xornada coincidirá coa celebración do Día Internacional do Circo, o que asegura a presenza de malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis ou clowns. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa/Feira popular