Festa/Feira popular

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festa da Virxe da Rocha

As festas na honra da Virxe da Rocha ofrecen este ano, ademais das tradicionais misas e pregóns, unha sardiñada acompañada de pan de millo e viño do país a prezos populares. Durante todo o día haberá diferentes actuacións e espectáculos para todos os públicos.

Galego

Festa da Anunciada

Dende concertos ata espectáculos de fogos artificiais, pasando por películas nas plazas, esta festividade dedicada á Virxe da Anunciada ofrece unha oferta de actividades para nada humilde. Achégate á Baiona entre o día 2 e o 5 e disfruta do ambiente acompañado do bo tempo que ofrece esta cidade costeira.

Galego

Magosto no Gaiás 2018

A Cidade da Cultura de Galicia festexará o magosto cunha nova edición de Magosto no Gaiás. Para celebrar esta cita gastronómica tradicional da cultura galega, non só se contará coas imprescindibles castañas —asadas ou como ingrediente principal en petiscos— senón que tamén se sumará a música da man de Xosé Lois Romero & Aliboria, tanto no concerto co que se lle porán música a esta cita tradicional do outono, como no obradoiro de percusión con tarrañolas, que impartirá o mesmo músico.

Galego

Vicus Spacorum

Celtas e romanos conviven na edición de Vicus Spacorum, a festa de ambientación histórica que busca rememorar o pasado romano de Vigo. Xogos, deportes, comida e traxes da época enchen o barrio de Navia, na cidade olívica. 

Galego

Entroido de verán de Redondela

O Entroido de verán celébrase en Redondela desde o ano 1998, cumprindo 30 anos como unha das citas claves desta estación na vila costeira. Comezou como unha iniciativa dos locais e hoxe en día é unha festa que acolle a unhas 30.000 persoas.

A súa celebración coincide co penúltimo fin de semana de agosto e trae consigo unha xornada de música e troula, ademais de actividades para os máis cativos.

Galego

Asalto ao Castelo

O Asalto recrea as Revoltas Irmandiñas que tiveron lugar en toda Galicia e, particularmente, no Castelo de Vimianzo no século XV, momento no que o pobo se ergueu contra o poder abusivo dos señores feudais. Trasladando estas revoltas ao presente, o Asalto ofrece un amplo abano de personaxes e situacións que dalgunha maneira simbolizan as inxustizas do mundo moderno e amosan os problemas do mundo actual.

Galego

Romaría das Irmandades da Fala

O 2 de xullo de 1916, as Irmandades da Fala da Coruña celebraron nos campos de Elviña unha "xunta campestre". Esta xuntanza foi o primeiro acto público, festivo e asembleario en prol do idioma galego. Agora, o Colectivo Literario In Nave Civitas, a Asociación de Vecinos Os Rexumeiros de Castro de Elviña e a Sociedade Cultural Deportiva Tempo Novo organizan unha romaría que servirá para lembrar aquelas xuntas campestres das Irmandades. A convocatoria busca repetir o percorrido realizado daquela polos Vilar Ponte, Lugrís ou Cabanillas.

Galego

Praza dos Libros

Na Praza dos Libros, tamén chamada Feira da creatividade cultural, os protagonistas indiscutibles son o libro e os libreiros e libreiras que nela participan. Este ano estarán presentes, ademais do tradicional stand de Bibliotecas de Carballo, Á lus do Candil (Arteixo), Demo (A Coruña), Roget (Vimianzo) e as carballesas Brañas Verdes, Ler, Punto e Coma, Phottic, Teldy e Trasgo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa/Feira popular