Festa/Feira popular

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festas do Ecce Homo

AS festas comenzan o día 14 coa misa solemne e coa actuación da Coral Polfónica de Palas de Rei, pasarrúas e a actuación de Celtas Cortos e Olympus. O día 15 estará París de Noia e DJ Casanova e David Expósito, o día 16 haberá pasarrúas e a actuación de dúas orquestras. O día 17 e 18 haberá orquestras para dinamizar os dous últimos días de festa. 

Galego

Closing Summer

Closing Summer é unha noite de festa única para gozar do mellor ambiente da man dos mellores DJ´s do panorama nacional. O cartel do espectáculo contará con Barce, Chimeno, Velasco e Gainza.

Velasco

Dj español de 22 anos que leva desde os 7 anos dedicándose á música. En Madrid é residente en BlackHaus e Panda Club, ademais de actuar tamén nas salas máis recoñecidas da capital: Teatro Barceló, Fabrik, Toyroom (Grupo Pacha), LAB Madrid, A Riviera, Tiffany´s, Mon Madrid

Barce

Galego

XXVII Semana Cultural de Nigrán

O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Deportivo 'Bolos da Carrasca' para organizar a súa 'XXVII Semana Cultural' que arranca mañá martes e que ten o seu día grande o venres 12 de agosto coa festa dos ovos con chourizo, evento gastronómico que se recupera tras dous anos sen celebrarse debido ao Covid. Ese día, a partir das 21:30 horas, preto de 25 persoas da entidade estarán a traballar para poder ofrecer 1.500 racións nunha praza da Carrasca totalmente cuberta por paraugas de cores grazas á colaboración de Juan Alves.

Galego

Festa da Merluza de Celeiro

O Concello de Viveiro acolleu esta mañá a presentación da XXIII Festa da Merluza de Celeiro, que se celebrará este sábado ás nove da noite na carpa instalada ao carón da piscina municipal.

Participaron na presentación a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o tenente de alcalde, Jesús Fernández; Ana González Abelleira, deputada da Deputación de Lugo, e Juan Canoura, presidente da Asociación Cultural e Deportiva Penalba.

Galego

Feria Medieval de Noia

A Feira Medieval, a festa máis concorrida e esperada de Noia, regresará ao grande tras dous anos de parón. Farao do 15 ao 17 deste mes, con máis de 170 postos de artesanía, alimentación e talleres en vivo; así como cun programa no que cada 15 minutos haberá un espectáculo diferente. Como gran novidade, o Concello de Noia deseñou un desfile de 150 fachos que irá acompañado dunha actuación teatral no que se lembrará o nacemento da vila como Portus Apostoli.

Galego

Entreviños 2022

Entreviños é unha feira do viño galego que acolles a diferentes adegas con proxectos coidados e singulares.

Na edición deste ano 2022, Entreviños contará con adegas como Albamar, Narupa, Tolo do Xisto, Adega do Ricón e os adegueiros Bernardo Estévez ou Xosé Lois Sebio.

Ademais, durante a súa presentación, poderemos coñecer os proxectos de cada casa e probar os viños de adegas de todas as Denominacións de Orixe, Indicacións Xeográficas Protexidas e outras que non están nestas clasificacións oficiais, que serán diferentes os dous días da feira.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa/Feira popular