Festa da Carballeira de Zas
Todolos anos, o primeiro sábado de Agosto,a primeiras horas da tarde, nos prados situados na marxen do río, móstrase a nosa cultura tal e como era décadas atrás (os nosos grupos de baile, pandeiretas, e gaitas levan anos recolléndoa polas aldeas adiante) acompañada de outros grupos tradicionais, sexan ou non galegos.Arredor das dez da noite empeza a parte de folk actual, esta vez na parte esquerda do río, onde está a carballeira, que fai de auditorio natural.