Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festa de Xesús O Nazareno - Festa das Mortallas

Se hai unha festa en Galicia que amose con toda claridade a relación sen complexos e a naturalidade coa que o galego convive coa morte esa é a Festa das Mortallas da Pobra do Caramiñal, unha antiquísima e respectada tradición que suscita de xeito irremediable o asombro dos foráneos.
Son os cadaleitos dos ofrecidos, aquí tamén chamados nazarenos. Eles e as súas familias dan grazas deste xeito ao Santísimo pola súa intercesión ante a morte, despois dalgunha grave enfermidade ou accidente.

Galego

Romaría da Virxe da Franqueira

Os montes da Paradanta albergan o Santuario da Virxe da Franqueira, documentado como mosteiro beneditino do século XI e ata aquí chegan centos de persoas de Galicia e o Norte de Portugal para honrar a esta Virxe, “alcaldesa” da Cañiza, a cuxa imaxe se lle deu culto xa no século VII. As dúas multitudinarias citas coa Virxe da Franqueira (o luns de Pentecoste e o día 8 de setembro) son manifestacións de devoción mariana que ocupan un lugar destacado entre as festas relixiosas de Galicia e que, pola súa antigüidade, orixinalidade, son de interese turístico.

Galego

Festas da Guadalupe 2015

En 1854 a peste de cólera que sufriu Galicia apenas tivo incidencia en Rianxo, o que as súas xentes atribuíron á protección da Virxe de Guadalupe, a virxe negra máis popular de Galicia, cuxa imaxe é una réplica feita en cartón pedra en 1773 exacta da de Estremadura.

Galego

Festa do Pan de Neda

Celébrase o primeiro domingo do mes de setembro no Paseo Marítimo e, edición tras edición, recibe a visita de milleiros de persoas. Con ela non só se pon en valor o produto gastronómico por excelencia da real vila, senón que se recoñece e tenta promocionar o traballo da puxante industria panadeira do municipio. Cada ano incorpora novas actividades, aínda que hai elementos invariables, como a venda de pan polos negocios de Neda dende primeiras horas da mañá; o xantar popular baixo carpa ou a ambientación musical.

Galego

Romaría de San Ramón de Bealo

Unha das súas singularidades é que á romaría boirense acoden mulleres a pedirlle a San Ramón un fillo. Trátase dunha romaría que, aínda que data do século XVIII, está vinculada a ritos pagáns que se perden no tempo arredor de gravados serpentiformes, símbolo de fertilidade, que se poden observar en dúas laxes xunto á ermida de San Ramón. Non só é unha das festas máis antigas de Galicia, senón que é a romaría campestre máis antiga que se celebra ininterrompidamente (desde 1756), e cóntanse por milleiros os asistentes.

Galego

Festa da Anguía e Mostra de Caña do País

Desde o ano 1989 celébrase neste concello a Festa da Anguía para enxalzar e dar a coñecer un dos peixes máis exquisitos do río Ulla. Pretende mostrar as distintas posibilidades culinarias que este peixe nos pode ofrecer: ano a ano fóronse engadindo novas formas de preparalo, e así na última edición os milleiros de visitantes puideron degustalo en empanada, fritido, guisado con patacas, rebozado, en escabeche ou á Bela Otero (con arroz).

Galego

Feira Franca Medieval

Pontevedra mergúllase no século XV na primeira fin de semana de setembro con esta celebración na que se lembra o privilexio concedido polo rei Henrique IV no ano 1467. O monarca autorizou a celebración dun mercado libre de impostos dun mes de duración, quince días antes e quince días despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu.

Galego

Festa da Istoria

Xornada de inmersión na historia, concretamente na época de esplendor do pasado da capital do Ribeiro, arredor do ano 1600, cando a comercialización do viño no estranxeiro acadou elevadísimas cotas e a comarca do Ribeiro se converteu nun dos territorios máis prósperos de España. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico