Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Pantín Classic Pro

O evento deportivo ‘Pantin Classic Pro’, que está incluído no circuíto mundial da World Surf League, celébrase na praia de Pantín e acolleu no ano 2015 uns 35.000 visitantes.
No ámbito do surf, tanto en Galicia como no resto de España, o certame ‘Pantín Classic Pro’ ocupa un lugar moi destacado e xa constitúe unha das probas de surf máis importantes do calendario internacional. Trátase do único evento de surf profesional internacional que se celebra en España, un dos poucos que se celebra a este nivel en Europa e o terceiro máis antigo a nivel internacional.

Galego

Festas do Apóstolo 2016

Unha programación de actividades e concertos na capital de Galicia. Caxade, Cró!, Terbutalina, Familia Caamagno, Maladrómeda, Samesugas, Ruxe Ruxe, Roi Casal, Nneka, Charles Bradley & His Extraordinarires, DandyWarhols, Molotov Jukebox ou Os Crebinsky son algunhas das bandas que conforman o cartel deste ano.

Galego

Festa do Percebe de Roncudo

A Festa do Percebe do Roncudo celébrase na primeira quincena do mes de xullo no concello de Ponteceso (A Coruña). É unha celebración que comezou hai 22 anos e foi a primeira festa do percebe que se celebrou en España. O arraigamento vai ligado á economía da vila, xa que o percebe se converteu nunha das maiores fontes de riqueza da localidade de Corme. O valor cultural xira ao redor da figura do percebeiro e engade á manifestación culinaria as tradicións e os coñecementos que viran en torno a un oficio único.

Galego

Festas Patronais de San Telmo de Tui

Unha gran cantidade de festexos sucédense en Tui con motivo das súas festas patronais, que se abren coa tradicional coroación das raíñas das festas e inclúen actividades para todas as idades. A isto engádense actos relixiosos, na honra de San Telmo, patrón dos navegantes, santo peregrino que faleceu en Tui cando facía o Camiño, que é venerado en toda Galicia. A solemnidade dos mesmos é moi significativa. De feito, algúns deles son oficiados na Catedral de Santa María polo propio Bispo da Diocese de Tui-Vigo.

Galego

Semana Santa de Paradela

A posta en escena da Paixón, Morte e Resurrección de Cristo que ten lugar na pequena parroquia de Santa María de Paradela (Meis, Pontevedra) sorprende gratamente polo esmero da posta en escena, o coidado do vestiario e dos escenarios onde descorren os actos. A calidade da interpretación dos actores logra transmitir ao público o sentimento profundo da fe cristiá. Por iniciativa da Confraría de Semana Santa e Pascua, nacida en 1993, todos os fitos que marcan as horas previas á morte de Xesús Cristo e a súa posterior resurrección son coidadosamente representados.

Galego

Festa do Santísimo Cristo de Fisterra

As festas do Santo Cristo de Fisterra teñen lugar nos días de Semana Santa, con representacións da Paixón de Cristo por parte dun grupo de veciños da vila que son seguidos por milleiros de fregueses, nos arredores da igrexa de Santa María das Areas, na estrada que sobe ao faro. A máis importante delas é a que ten lugar o Domingo de Resurrección. Trátase dun auto sacramental co que se relata o momento no que, diante do sepulcro de Cristo custodiado polos soldados romanos, un anxo notifica ás mulleres, entre elas a Virxe, a nova da resurrección de Xesús.

Galego

Semana Santa de Ferrol

Desde o Domingo de Ramos ata o de Resurrección, sucédense sen parar as procesións que rememoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. As rúas de Ferrol énchense de fervor relixioso e bulicio, en torno aos pasos das súas cinco confrarías, herdeiras dunha tradición secular e dun espírito de fondo calado popular que resiste aos cambios sociais e xeracionais.

Galego

Semana Santa de Viveiro

Numerosos pasos, algúns deles articulados e de grande interese artístico, protagonizan as solemnes procesións de Semana Santa de Viveiro, nas que confrarías e irmandades enchen de relixiosidade e ambiente íntimo as rúas da localidade. Eucaristías, vía crucis, tamborradas… preceden aos días grandes.

Galego

Semana Santa de Cangas

A máis solemne manifestación de relixiosidade en torno á Paixón de Cristo que ten lugar na provincia de Pontevedra son as procesións de Semana Santa de Cangas, que contan con pasos de gran valor histórico-artístico e imaxes articuladas, como a do Nazareno da procesión do Santo Encontro ou o Cristo da cerimonia do Descendemento, que lles dan aos actos un emotivo realismo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico