Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Feira do Xamón da Cañiza

O clima seco e frío da comarca de Paradanta, a altitude ideal e temperatura axeitada: conxugación perfecta para que se curen no seu grao máis óptimo os mellores xamóns, lacóns, chourizos, salchichóns e demais produtos cárnicos de porco. Todo isto unido ao segredo dos xamoneiros da vila conferiron ao xamón da Cañiza a consideración de excepcional.

Galego

O Naseiro

O val que forma o río Landro no lugar do Naseiro, na parroquia de San Pedro, convértese nun poboado de casetas, postos e mercado, con escenarios e atraccións, onde acampa a xente (algúns con todo luxo de comodidades levadas da casa) para gozar de cinco días coas súas noites de troula, comida e bebida. A festa é tamén coñecida co sobrenome da “festa do bo xantar”, xa que cada xornada (o día grande, o domingo) é dedicada a un manxar: polbo, marisco, doces, carnes, sardiñas e caldo consúmense masivamente, ao son da música das gaitas e das charangas polo día, e da verbena pola noite.

Galego

Festas Patronais de San Roque

Aínda que durante todo o mes se suceden concertos, torneos deportivos e outras actividades culturais, os días grandes das festas de Sada a localidade “estoupa”. Moitas son as persoas nativas desta vila mariñeira que regresan nestas datas para gozar da mellor tradición festiva e honrar ao santo patrón na procesión do día 16.

Galego

O Naufraxio de Laxe

O Naufraxio, é unha homenaxe que as xentes do mar de Laxe lle fai á Virxe do Carme pola súa protección durante todo o ano nas diferentes tarefas que realizan no mar, evitando que se produza ningunha traxedia, tan habitual ás veces entre os mariñeiros. O naufraxio foi instituído no ano 1962 por un mariñeiro de Laxe, Avelino Lema Santos, que sobreviviu a tres naufraxios. Dende entón realizase de forma ininterrompida ata o día de hoxe.

Galego

Feira do Bonito de Burela

O bonito do norte é un dos principais impulsores económicos de Burela, unha vila mariñeira da Mariña Lucense, ao mesmo tempo que un dos seus sinais de identidade. Burela posúe o porto boniteiro máis importante de Galicia; e o bonito é a segunda especie máis significativa en canto a volume de negocio da lonxa do municipio. Dato que, tendo en conta que a costeira do bonito só dura uns poucos meses, é moi relevante. Este produto proporciona a Burela unha proxección de cara ao exterior clave, o que repercute, claro, tamén en moitos outros sectores, como o turismo.

Galego

Festa do Polbo

Un produto rei da cociña atlántica, procedente do mar, ten o seu feudo no Carballiño, a 80 quilómetros da costa. A orixe desta contradición está en que era o pagamento en especie que se facía na Idade Media ás ordes monásticas de Oseira pola explotación das súas posesións portuarias nas Rías Baixas. As xentes do Carballiño, en concreto as das parroquias de San Xoán de Arcos e de Santa María de Arcos, propiedades tamén do mosteiro de Oseira, eran as encargadas do seu transporte, preparación e venda no mercado.

Galego

Festa da Istoria en Ribadavia

Na xudería de Ribadavia desenvólvese unha das festas medievais máis auténticas de todas as que teñen lugar en Galicia. Desde toda a xeografía galega chegan neste día autobuses e automóbiles particulares para participar dunha xornada de inmersión na historia, concretamente na época de esplendor do pasado da capital do Ribeiro, arredor do ano 1600, cando a comercialización do viño no estranxeiro acadou elevadísimas cotas e a comarca do Ribeiro se converteu nun dos territorios máis prósperos de España.

Galego

Mostra da Olería de Buño

Buño é hoxe en día o maior centro oleiro de Galicia, cunha vintena de homes e mulleres dedicados a este oficio que deu sona á localidade desde antano. Uns representan o oficio oleiro máis tradicional, coas súas queimadas, cuncas e viradeiras, e outros beben del e recrean novas propostas. Uns levan toda unha vida cultivando formas e cores tradicionais en pezas de singular beleza e perfecto acabado, co barro branco como único argumento decorativo, e outros son novos oleiros que se abren camiño con pezas de corte moderno.

Galego

Festas Patronais na honra de San Roque

O día máis esperado das festas de Vilagarcía de Arousa é o 16, festividade de San Roque, data na que conflúen dous dos máis soados actos: a procesión do santo, de tradición secular, e a Festa da Auga, nacida nos anos 80 de forma espontánea e xa con recoñecemento institucional. Deste xeito, a programación do día comeza coa misa solemne e a multitudinaria procesión do Santo, que, lonxe do recollemento que adoita caracterizar estes actos, aquí ten unha compoñente moi festiva, pois o percorrido se fai baixo as notas do pasodobre “Triunfo” e ata se fai bailar ao santo.

Galego

O Oenach Atlántico de Narón

TrTrátase dunha recreación dunha aldea castrexa e conforma un evento multidimensional con base etnográfica e antropolóxico-cultural que tenta recrear as raizames da cultura e xeitos de vida rurais a partir da cultura castrexa. O festival Oenach emprega unha didáctica museística dinámica e viva, centrada na veciñanza da parroquia de Sedes como dinamizador esencial.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico