Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Feira exposición exaltación do viño da zona do Ribeiro

A capital da comarca do Ribeiro celebra desde 1963 unha festa dedicada ao seu viño, un produto de fama e tradición milenaria que constitúe o elemento de identidade por excelencia desta comarca ourensá. É a Feira Exposición do Viño do Ribeiro, unha boa ocasión para coñecer e catar a variedade de caldos, brancos e tintos, que se producen nestas terras bañadas polos ríos Miño, Avia e Arnoia.

Galego

Festa do Ourizo de Cervo

A abundancia de ourizos nas súas augas converte ao concello de Cervo na capital galega do ourizo, máis aínda desde que naceu en 1992, na parroquia de San Cibrao, unha festa gastronómica para dar a coñecer este produto e promocionar a riqueza cultural, paisaxística e gastronómica do lugar.

Galego

Feira do Requeixo e Mel

Cada Venres Santo, o requeixo e o mel protagonizan nas Neves unha cita gastronómica que deu os seus primeiros pasos no ano 91.

Visitantes procedentes de toda Galicia achéganse a esta localidade atraídos polo requeixo, que se degusta acompañado polo mellor mel da cooperativa ou polos viños tintos de Rubiós. Ademais destes produtos representativos da zona, na feira non faltan outros pratos como o polbo á feira ou os chourizos ao viño e tampouco, por suposto, a música. Ademais, celébranse cursos, conferencias e seminarios que xiran arredor do requeixo e o mel.

Galego

Entroido de Vilariño de Conso

En Vilariño de Conso celébrase o que moitos consideran o Entroido en estado puro. O Boteiro é a personaxe estelar, é o dirixente do Fulión. O Fulión é un grupo de persoas tocando bombos e gadañas ao mesmo compás. En cada aldea do termo municipal existe un fulión, e uns boteiros que bailan ao seu son e con diferentes tipos de caretas segundo a localidade de que proceden.

A fuliada é unha obra de teatro sátira e pícara dos temas de actualidade: política, relixión ou crítica social do acontecido durante o ano na vila.

Galego

Festa da Androlla

A androlla é un embutido típico da comarca de Viana, que se fai en tripa gorda, afumada como un chourizo, e reenchida de costela de porco tallada e adobada con carne, todo sazonado con sal, pemento doce e picante e un pouco de allo. Necesita afumarse durante dez días e secarse durante uns dous meses antes de estar lista para cociñar.

Galego

Felos de Maceda

Os felos son as máscaras emblemáticas do Entroido de Maceda. Unhas figuras pouco coñecidas fóra da zona, pero tan antigas e fascinantes como os seus parentes máis famosos, os peliqueiros de Laza e os cigarróns de Verín. Todos visten dun xeito moi similar, mais o que distingue a simple vista aos felos son as medias negras, en lugar de brancas. A súa vestimenta é en certo modo máis rústica, máis apegada ás orixes.

Galego

Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda

O son atronador do folión, con bombos, tambores, cencerros e utensilios de labranza metálicos enche a localidade de Manzaneda durante este peculiar pasacalle de entroido, que nesta localidade é acompañado polo seu personaxe tradicional, a “ mázcara”. Os foliones de Manzaneda son espectaculares polo seu ritmo compasado e ininterrompido e a elegancia e colorido das “ mázcaras”, cos seus característicos gorros engarzados con cintas de cores e os seus saltos e danzas de orixe arcaica.

Galego

Entroido de Verín

Nesta localidade do oriente ourensán, os “cigarróns” son os protagonistas do Entroido. Fan a súa aparición na vila o Domingo Corredoiro, o anterior ao Domingo de Entroido, tras as misas da mañá, saudando aos fregueses e enchendo o ambiente de maxia e excitación coas súas danzas e o son enxordecedor das súas chocas.
Moitos son os rituais que se suceden nestas lúdicas festas desde semanas antes dos días grandes, como son os protagonizados polos mozos e mozas, enredados en guerras de sexos, nos Xoves de Comadres e de Compadres.

Galego

Festa do Cocido

A capital da comarca gandeira do Deza presume de boas carnes en xeral, mais fixo do porco un símbolo de identidade. De feito, unha escultura en bronce recorda nunha rúa céntrica o significado do porco para Lalín e a súa importancia na proxección da súa imaxe no exterior.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico