Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festa do Salmón

O salmón ponse en valor na Estrada desde 1974 a terceira fin de semana do mes de maio. O domingo é o día grande desta festa, xa que nesta xornada se celebra a degustación popular que permite a veciños e visitantes gozar das propostas culinarias deseñadas polos hostaleiros locais a prezos accesibles. Asociacións, panadarías e restaurantes presentan todos os anos innovadoras delicias elaboradas co salmón como principal ingrediente.

Galego

Romaría etnográfica Raigame Vilanova dos Infantes

As prazas e rúas de Vilanova dos Infantes énchense cada 17 de maio de postos onde arredor de 80 artesáns ofrecen ao visitante os seus produtos e amosan o seu oficio. O fermoso núcleo medieval desta vila vive no Día das Letras Galegas un amplo abano de actividades nas que se exaltan as tradicións, como música e baile, oficios tradicionais, monicreques e saltimbanquis, xogos populares e exposicións etnolóxicas.

Galego

Festa da Filloa

“Vés das mans das avoas das nosas avoas, / moi ilustre señora, filloa, vella amiga, / fino corpo lixeiro, / leite e fariña triga, / para ti a nosa festa, para ti as nosas loas. / Se con mel ou con azucre, toda amor, te nos doas, é / xusto que adozada a nosa lingua diga / por mellor festexarte tamén unha cantiga / en Muimenta onde hoxe raíña te coroas”.

Galego

Festa da Troita

A Festa da Troita da Pontenova, na Mariña Lucense, é unha singular e xenuína celebración que atrae desde hai 30 anos os pescadores de toda Galicia, Asturias e outras comunidades. Ata un centenar deles participan nun concurso de pesca deportiva de troita que está declarado pola Federación Nacional de Pesca como concurso de interese deportivo nacional, con premios para quen consiga máis número de pezas, para quen obteña a troita de máis peso e para o concursante de menor idade.

Galego

Festa da Troita

Desde 1967, por iniciativa dun grupo de pescadores da localidade, Ponte Caldelas enxalza a afluencia de troitas no río Verdugo e organiza unha popular festa gastronómica, loada por literatos e personaxes da vida social e cultural galega, e un Concurso Internacional de Pesca moi coñecido polos afeccionados.
Todas as sociedades de pesca de Galicia son invitadas a participar na competición  que ten lugar no paseo fluvial entre a praia fluvial da Calzada e a vila e é seguido in situ con curiosidade e admiración, polo público.

Galego

Feira do Queixo do Cebreiro

Dende os seus comezos no ano 1987 a data de celebración está vinculada á Semana Santa. A festa mantén a súa sede fixa neste concello desde o ano 1999. Na actualidade a feira segue a ser un grande acontecemento cultural e económico onde se conservan tradicións populares como a compra e venda de produtos de todo tipo, ocupando o queixo  o lugar máis destacado.
A feira comeza ás 9:30 horas da maña e remata a media tarde. Durante toda a xornada os visitantes poden gozar da degustación dos produtos típicos da comarca amenizados por pasarrúas e unha exhibición de baile tradicional.

Galego

Festas Patronais de San Telmo

Unha gran cantidade de festexos sucédense en Tui con motivo das súas festas patronais, que se abren coa tradicional coroación das raíñas das festas e inclúen actividades para todas as idades. A isto engádense actos relixiosos, na honra de San Telmo, patrón dos navegantes, santo peregrino que faleceu en Tui cando facía o Camiño, que é venerado en toda Galicia. A solemnidade dos mesmos é moi significativa. De feito, algúns deles son oficiados na Catedral de Santa María polo propio Bispo da Diocese de Tui-Vigo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico