Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festa da Castaña

Esta festividade ten lugar tradicionalmente no concello de Folgoso do Courel, alternativamente nas parroquias de Folgoso do Courel e de Seoane do Courel, e celébrase a comezos do mes de novembro desde o ano 1986.

As xentes da comarca reúnense para degustar castañas asadas e viño acompañados por actuacións musicais da banda de gaitas e por outras actuacións e actividades como exposicións de artesanía, celebracións relixiosas ou tamén degustacións de produtos derivados da castaña ou que teñen ás castañas como ingrediente principal.
 

Galego

Feira de Santos

Considerada a Feira das Feiras en Galicia, a súa orixe remóntase á Idade Media, vinculada a un imposto sobre o sal cobrado na contorna da vila. Tradición e autenticidade son dúas calidades que se poden aplicar á feira que por Santos se celebra en Monterroso, na comarca da Ulloa, no centro xeográfico de Galicia e cruzamento de camiños de arrieiros que comunicaban a costa galega con Castela.

Galego

San Froilán

Unha peculiaridade das festas patronais de San Froilán, que se celebran desde 1754, é o grande atractivo que teñen para todo o resto de Galicia. De feito, nas dúas fins de semana que abrangue, Lugo convértese no epicentro da vida social de Galicia, en torno ás que son consideradas as festas do outono galego por excelencia.

No campo da feira, as casetas do polbo son o maior reclamo das festas. As numerosas atraccións para nenos e o mercado completan un cadro festivo que acrecenta o seu interese ano tras ano e rexistra unha afluencia de centos de miles de visitantes.

Galego

Festa do Pan de Neda

Coa Festa do Pan, Neda pon en valor o seu produto gastronómico por excelencia, aquel que durante séculos converteu a real vila en capital do trigo de Galicia.

A orixe da tradición panadeira de Neda remóntase á Idade Media, cando nacen importantes industrias, como os muíños de trigo, arredor do río Belelle. A calidade das súas augas dá como resultado un pan sen comparación e que incluso Filipe II, escolle a vila para o asentamento das chamadas Casas Reais, fábricas de biscoito e fornos de provisión con destino ás Armadas dos Reis de España.

Galego

Festa de Xesús O Nazareno - Festa das Mortallas

Se hai unha festa en Galicia que amose con toda claridade a relación sen complexos e a naturalidade coa que o galego convive coa morte esa é a Festa das Mortallas da Pobra do Caramiñal, unha antiquísima e respectada tradición que suscita de xeito irremediable o asombro dos foráneos. Unha procesión de ataúdes?, e tamén de ataúdes brancos dos que se pon aos nenos?. Pois así é. Son os cadaleitos dos ofrecidos, aquí tamén chamados nazarenos.

Galego

Festa de San Fins do Castro

A Festa de San Fins do Castro, en torno á ermida situada en medio dun belo bosque en Cesullas, debe a súa continuidade ao labor do párroco Saturnino Cuíñas, que foi quen a impulsou nos anos 30. Aquí chegan os romeiros co convencemento de que as augas que emanan dunha fonte nas proximidades cura as verrugas, así que o rito é achegarse a ela e mollarse cun pano que se deixa alí. O milagre sucederá cando sequen os panos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico