Festa do Carneiro ao Espeto
A Festa do Carneiro ao Espeto pon o punto final ás festas de Moraña. O escenario é a carballeira de Santa Lucía. Aquí ásanse ao estilo pampeiro (abertos en canal e con lume de leña), preto de douscentos carneiros. Non se venden racións, senón carneiros enteiros, polo que é unha festa gastronómica na que participan grandes grupos de amigos, previa reserva de mesa (20-30 persoas) e lote de comida (un carneiro, dúas empanadas de zorza e bacallau, pan, un garrafón de viño do país e café).