Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festa do Pemento de Arnoia

Aínda que desde a noite do xoves hai folións, verbenas, concertos e tamén degustacións de pementos fritos, o primeiro domingo de agosto celébrase o día grande da Festa do Pemento de Arnoia. Máis de catro mil quilos de pementos sérvense ao estilo tradicional (fritos), reenchidos ou en tortilla, regados cos viños do Ribeiro, na carballeira da Queixeira, nunha xornada amenizada en todo momento coa música das charangas. O lugar está acondicionado con mesas, bares, stands de exposición de produtos e todo tipo de servizos, desde atraccións e barracas para os nenos ata un grande aparcadoiro.

Galego

Festa do Mexillón e do Berberecho

A súa celebración data de 1994 e a súa singularidade vén determinada porque o mexillón e o berberecho son dous produtos que constitúen a base da industria local e parte da súa historia a través das conserveiras, de aí tamén o seu arraigamento popular e a participación dos veciños, que dan a coñecer o seu traballo e a gastronomía local a todos os visitantes.

Galego

Feira do Pemento de Oímbra

Outra especialidade da horta galega, o pemento branco de Oímbra (Ourense), ten tamén a súa exaltación gastronómica e o seu recoñecemento como festa de interese turístico galego. Unha comida popular na Carballeira, o primeiro domingo de agosto, é o evento estrela do labor de promoción do pemento branco. Nos últimos anos está conquistando os mercados galegos e é sinal de identidade desta localidade da comarca de Monterrei.

Galego

Festa da Empanada de Bandeira

A Carballeira das Silvas de Bandeira (Silleda) é xa coñecida como a das Empanadas, xa que desde 1974 celébrase nela, o terceiro sábado de agosto, a festa da empanada galega, un dos pratos máis representativos da cociña galega, que desde antigo se servían nos mosteiros e os mesóns aos peregrinos que pasaban por estas terras cara a Compostela.

Galego

Festa da Ameixa de Carril

O bivalvo máis identificativo da localidade mariñeira do Carril, en Vilagarcía de Arousa, é o protagonista desta cita gastronómica que se celebra no domingo seguinte ao 16 de agosto, festividade de San Roque, festas patronais de Vilagarcía de Arousa. 

Os afeccionados á cociña teñen tamén a oportunidade de participar nun concurso no que se premian as mellores receitas coa ameixa como ingrediente principal. Neste concurso entréganse as Ameixas de Ouro, de Prata e os galardóns ao parquista máis novo e ao parquista de honra.

Galego

Romaría Viquinga de Catoira

Desde 1961, Catoira celebra unha festa pagá que recorda o papel da localidade como gardiá do tesouro da Catedral de Santiago, ao ser punto estratéxico na defensa contra as invasións viquingas. As Torres de Oeste (ruínas de dúas das sete orixinarias torres dunha fortaleza que durante os séculos IX e X fixo fronte a varias incursións de piratas normandos) é o escenario natural e histórico onde se recrea unha invasión viquinga daquela época.

Galego

Romaría da Tortilla de Laro

A Carballeira de Castro acolle desde o ano 1989 unha das festas gastronómicas máis concorridas do panorama galego, xa que reúne cada ano arredor de 10.000 persoas, que saborean unhas 2.000 racións de tortilla e 1.000 litros de viño.

Na romaría non falta o pregón, a cargo dunha personaxe convidada, un concurso-degustación, unha poxa de tortillas gañadoras e unha gran cea na carballeira con actuacións de grupos tradicionais, charangas e orquestras.

Galego

Pantín Classic Pro

O evento deportivo Pantín Classic Pro, que está incluído no circuíto mundial da World Surf League, celébrase na praia de Pantín e acolleu no ano 2015 uns 35.000 visitantes. No ámbito do surf, tanto en Galicia como no resto de España, o certame Pantín Classic Pro ocupa un lugar moi destacado e xa constitúe unha das probas de surf máis importantes do calendario internacional.

Galego

Festa do Monte

A Festa do Monte perdeu o seu carácter relixioso de hai un século, pero non o interese dos guardenses, que continúan o costume de subir ao monte de Santa Tegra para celebrar unha gran romaría, coincidindo co segundo domingo de agosto. En realidade, as festas, as máis importantes do ano para os guardenses, duran toda a semana, e acaban o luns seguinte ao chamado Domingo do Monte, cunha gran tirada de fogos de artificio.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico