Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festa do polbo

A pesca do polbo foi no século XVIII unha das actividades máis destacadas do porto de Mugardos, daquela tamén entre os primeiros de Galicia. O polbo é o seu produto máis típico e aquí prepárase ao tradicional estilo mugardés, característico pola súa salsa feita con cebola, pemento verde e pemento vermello.

Galego

Festa de exaltación do pan de Cea

Un dos produtos máis internacionais da gastronomía ourensá é o pan de Cea, que se elabora seguindo unha antiga receita en fornos artesanais en todo o concello, e que conta, como é corrente en Galicia, coa súa propia festa de exaltación, o primeiro domingo de xullo. O programa festivo comeza a tarde do sábado, coa organización de distintos obradoiros en torno ao proceso de elaboración do pan ou de petiscos que levan como base principal o pan de Cea.

Galego

Feira Franca Medieval de Betanzos

Celébrase desde 1998 en recordo da feira que tiña lugar nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV.
As rúas e os balcóns dos edificios do Centro Histórico de Betanzos son engalanados con teas e estandartes que representan os escudos das familias betanceiras do baixo medievo.

Os actos centrais desta Feira Franca teñen que ver coa interpretación de escenas que marcaron de xeito importante o desenvolvemento e a cultura de Betanzos:

Galego

A Rapa das Bestas de Candaoso

O que non é máis que un traballo gandeiro rutineiro, a rapa de crinas e colas, a desparasitación dos cabalos e a marcaxe a ferro dos poldros nados no último ano, convértese en Galicia nun espectáculo e nunha romaría multitudinaria. Nas zonas onde se crían os cabalos en liberdade, como é o caso de Boimente, os curros ou rapas das bestas atraen cada ano numeroso público ávido de emocións. O de Candaoso, nunha paraxe desde a que se divisa a ría de Viveiro, illa Coelleira e Estaca de Bares, é un dos máis sonadas de Galicia.

Galego

Festa da Lagosta e da cociña mariñeira

A Festa da Lagosta celébrase de modo ininterrompido dende o ano 1991 e dende o ano 2000 incluíu tamén unha mostra da gastronomía local con novos mariscos e moluscos polo que pasou a denominarse Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira da Guarda. A gastronomía guardesa goza de recoñecida fama grazas á extraordinaria calidade dos seus produtos e, en especial, da lagosta; unha especie migratoria que vive nos fondos rochosos da costa Atlántica.

Galego

Festa das Cereixas de Paiosaco

Para atopar as orixes das feiras de Paiosaco temos que remontarnos á Idade Media. Co tempo, a máis importantes delas foi coñecida como Feira das Cereixas. As orixes desta singular celebración, a máis importante das festas gastronómicas que se realizan no Concello da Laracha, atopámolas en décadas pasadas, cando a produción das cereixas tiña unha grande importancia especialmente na zona do val do Anllóns.

Galego

Arde Lucus

O Arde Lucus viu a luz no ano 2002 co obxectivo primordial de rememorar a fundación da cidade de Lugo a través da recreación do seu pasado romano. Ligado ao solsticio de verán, neste acontecemento conxúganse os aspectos lúdicos e culturais coa maior rigorosidade histórica posible. O seu recinto amurallado transfórmase cada ano durante tres días en Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana que ofrece a quen a visita un variado programa de actividades.

Galego

Romaría Etnográfica Raigame

As prazas e rúas de Vilanova dos Infantes énchense cada 17 de maio de postos onde arredor de 80 artesáns ofrecen ao visitante os seus produtos e amosan o seu oficio. O fermoso núcleo medieval desta vila vive no Día das Letras Galegas un amplo abano de actividades nas que se exaltan as tradicións, como música e baile, oficios tradicionais, monicreques e saltimbanquis, xogos populares e exposicións etnolóxicas.

Galego

Festa da lamprea

A lamprea é o peixe máis primitivo, con 400 millóns de anos. A súa apariencia, un corpo cilíndrico sen escamas e unha cor gris e amarela, é distinta á do resto dos peixes. O aspecto do prato coa lamprea cociñada no seu sangue (o xeito máis popular) pode resultar, para os máis delicados, pouco atractivo á vista. Con todo, constitúe un delicioso produto gastronómico do que xa os emperadores romanos daban boa conta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico