Festa da Pescada do Pincho de Celeiro
Máis do 50 por cento das capturas que chegan ao porto pesqueiro de Celeiro, un dos máis importantes de Galicia, son de pescada, polo que non é de estrañar que este produto sexa o protagonista dunha festa gastronómica.
Desde finais dos 90, a lonxa vella do porto acolle a degustación deste exquisito peixe branco pescado de xeito tradicional ao anzol. Máis de 2.000 racións repártense nesta importante cita gastronómica da Mariña Occidental, na que non falta a música e a tradicional queimada.
Galego