Festa de Danza das Espadas
A festa de San Miguel constitúe á súa vez un evento tradicional e unha festa xuvenil. Ao mediodía, ten lugar a antiquísima 'Danza das Espadas', na que xoces da vila percorren as rúas marcando os ancestrais pasos ao son da guitarra; mentres se desprazan unidos polas espadas. Ben cedo, pola tarde, dá comezo o popularmente coñecido como 'San Migheleiro', no que os xoves marinenses, agrupados en diferentes peñas de amigos, percorren o lugar.