Belén electrónico de Begonte
O Belén electrónico de Begonte móntase no Centro Cultural José Domínguez Guzmán de modo ininterrompido desde o ano 1972. Inaugúrase o primeiro sábado de decembro e pódese visitar ata o último sábado de xaneiro. A súa singularidade vén determinada polo mesmo feito de realizar un Belén con pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento. Ocupa unha superficie de 150 m² con máis de 150 figuras. Estas pezas renóvanse cada ano e son feitas polos veciños que as fan desinteresadamente.