Arde Lucus
O Arde Lucus viu a luz no ano 2002 co obxectivo primordial de rememorar a fundación da cidade de Lugo a través da recreación do seu pasado romano. Ligado ao solsticio de verán, neste acontecemento conxúganse os aspectos lúdicos e culturais coa maior rigorosidade histórica posible. O seu recinto amurallado transfórmase cada ano durante tres días en Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana que ofrece a quen a visita un variado programa de actividades.