A Rapa das Bestas de Candaoso
O que non é máis que un traballo gandeiro rutineiro, a rapa de crinas e colas, a desparasitación dos cabalos e a marcaxe a ferro dos poldros nados no último ano, convértese en Galicia nun espectáculo e nunha romaría multitudinaria. Nas zonas onde se crían os cabalos en liberdade, como é o caso de Boimente, os curros ou rapas das bestas atraen cada ano numeroso público ávido de emocións. O de Candaoso, nunha paraxe desde a que se divisa a ría de Viveiro, illa Coelleira e Estaca de Bares, é un dos máis sonadas de Galicia.