Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festa da ameixa do Carril

Durante unha fin de semana pode degustarse a ameixa criada nos areais do Carril nas máis variadas preparacións, pero especialmente á mariñeira e acompañada de viño albariño.
Os afeccionados á cociña teñen tamén a oportunidade de participar nun concurso no que se premian as mellores receitas coa ameixa como ingrediente principal. Neste concurso entréganse as Ameixas de Ouro, de Prata e os galardóns ao parquista máis novo e ao parquista de honra.

Galego

Festa do Mexillón e do Berberecho

A súa celebración data de 1994 e a súa singularidade vén determinada porque o mexillón e o berberecho son dous produtos que constitúen a base da industria local e parte da súa historia a través das conserveiras, de aí tamén o seu arraigamento popular e a participación dos veciños, que dan a coñecer o seu traballo e a gastronomía local a todos os visitantes.

Galego

Festas Patronais de San Lourenzo

En plena tempada estival, cando a vila mariñeira de Foz ferve de visitantes, teñen lugar as súas festas patronais, repletas de atraccións para todos os públicos. O día grande, dedicado a San Lourenzo, comeza cunha misa cantada polo Coro de Foz e a solemne procesión do santo, coas autoridades municipais á cabeza, acompañada de banda de música. Pola noite, o espectáculo piromusical e acuático concentra a atención do público.

Galego

Festa do Pulpo do Carballiño

Un produto rei da cociña atlántica, procedente do mar, ten o seu feudo no Carballiño, a 80 quilómetros da costa. A orixe desta contradición está en que era o pagamento en especie que se facía na Idade Media ás ordes monásticas de Oseira pola explotación das súas posesións portuarias nas Rías Baixas. As xentes do Carballiño, en concreto as das parroquias de San Xoán de Arcos e de Santa María de Arcos, propiedades tamén do mosteiro de Oseira, eran as encargadas do seu transporte, preparación e venda no mercado.

Galego

Festa do Pemento de Herbón

A carballeira do Convento dos Franciscanos desta parroquia padronesa é o escenario onde se rende homenaxe desde 1978 aos saborosos pementos que, frixidos e ben sazonados con sal, son os reis das tapas máis típicas de Galicia, entre viandas varias e frituras de peixe. Aquí, tras un vistoso desfile de tractores engalanados, ten lugar o pregón da festa e o nomeamento das novas damas e novos cabaleiros da Orde do Pemento de Herbón.

Galego

Festa-Feira do Xamón da Cañiza

O clima seco e frío da comarca de Paradanta, a altitude ideal e temperatura axeitada: conxugación perfecta para que se curen no seu grao máis óptimo os mellores xamóns, lacóns, chourizos, salchichóns e demais produtos cárnicos de porco. Todo isto unido ao segredo dos xamoneiros da vila conferiron ao xamón da Cañiza a consideración de excepcional.

Galego

Festival Internacional do Emigrante

A parroquia de San Miguel de Reinante en Barreiros reúne desde 1980 a grupos de danza e música folclórica de Galicia, doutras comunidades autónomas e doutros continentes, con motivo da celebración do Festival Folclórico Internacional do Emigrante, que organiza a Asociación Folclórica O Arco da Vella.
Coa distinción de Festa de Interese Turístico Galego, que acadou no ano 2007, recoñécese a súa singularidade, o arraigamento e o valor cultural que a tinguiu en máis dun cuarto de século de vida.

Nesta 34ª edición os grupos participantes son:

Galego

Filandón de Músicas do Courel

A riqueza musical do Courel recobra vida, ano tras ano, nun escenario único no que se citan os tocadores do corno celta, os vellos romances, as cantigas da seitura e outros labores, os brindeiros de voda, gaiteiros e músicos que albergan antiquísimas tradicións.
Ao carón da bicentenaria Ferrería de Seoane, homes e mulleres de todas as idades, moitos deles espontáneos, cantan “a capella” ou interpretan pezas da máis antiga tradición con gaitas, tamborís, tambores, bombos, pandeiretas e algúns singulares instrumentos de percusión que aínda se conservan nestas terras.

Galego

Mostra da Olería de Buño

Buño é hoxe en día o maior centro oleiro de Galicia, cunha vintena de homes e mulleres dedicados a este oficio que deu sona á localidade desde antano. Uns representan o oficio oleiro máis tradicional, coas súas queimadas, cuncas e viradeiras, e outros beben del e recrean novas propostas. Uns levan toda unha vida cultivando formas e cores tradicionais en pezas de singular beleza e perfecto acabado, co barro branco como único argumento decorativo, e outros son novos oleiros que se abren camiño con pezas de corte moderno.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico