Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Entroido dos Felos de Maceda

Son as máscaras emblemáticas do Entroido de Maceda. Unhas figuras pouco coñecidas fóra da zona, pero tan antigas e fascinantes como os seus parentes máis famosos, os peliqueiros de Laza e os cigarróns de Verín. Todos visten dun xeito moi similar, mais o que distingue a simple vista aos felos son as medias negras, en lugar de brancas. A súa vestimenta é en certo modo máis rústico, máis apegado ás orixes.

Vestirse de felo imprime carácter e só poden facelo os homes solteiros. Son por definición espíritos rebeldes e anárquicos, mais en tempo de Entroido eles son a lei.

Galego

Entroido de Cobres

As orixes do Entroido desta parroquia situada na ría de Vigo remóntanse ata o século XVIII. Aquí, madamas e galáns (mulleres e homes vestidos de branco) e aldeáns representan distintas posicións económicas e roles sociais, tanto mediante as súas vestimentas como pola posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións. Madamas e galáns, moi rechamantes polos seus suntuosos sombreiros e a súa pulcra vestimenta, ocupan a posición social máis elevada, mentres que os aldeáns representan o último elo da cadea e o grupo maioritario. Todos, iso si, van neste Entroido a cara descuberta.

Galego

Entroido de Laza

Ritos e personaxes ancestrais protagonizan o transcorrer destas irreverentes festas que aquí comezan semanas antes dos días grandes de Entroido, con catro Venres de Folión.
Os días de Entroido en Laza discorren entre a praza da Picota, centro neurálxico dos actos do Entroido, e os bares, tomados polos mozos da vila, que crean un ambiente festivo coa súas continuas esmorgas en torno ao bo xantar, o viño, o licor café e as típicas augardentes galegas.

Galego

Feira do cocido de Lalín

A capital da comarca gandeira do Deza presume de boas carnes en xeral, mais fixo do porco un símbolo de identidade. De feito, unha escultura en bronce recorda nunha rúa céntrica o significado do porco para Lalín e a súa importancia na proxección da súa imaxe no exterior.

Galego

Entroido de Verín

Nesta localidade do oriente ourensán, os “cigarróns” son os protagonistas do Entroido. Fan a súa aparición na vila o Domingo Corredoiro, o anterior ao Domingo de Entroido, tras as misas da mañá, saudando aos fregueses e enchendo o ambiente de maxia e excitación coas súas danzas e o son enxordecedor das súas chocas. Moitos son os rituais que se suceden nestas lúdicas festas desde semanas antes dos días grandes, como son os protagonizados polos mozos e mozas, enredados en guerras de sexos, nos Xoves de Comadres e de Compadres.

Galego

Festa do Botelo do Barco de Valdeorras

A Festa do Botelo celébrase de modo ininterrompido desde o ano 2001, e conta coa singularidade de ser, na actualidade, unha das poucas que se celebra en Galicia para honrar este singular embutido, típico e xenuíno da comarca de Valdeorras. Esta festa reúne cada ano máis de novecentas persoas nun xantar colectivo no cal se pode degustar o botelo acompañado de cachelos con repolo e chourizos, con viño tinto do Barco, así como a sobremesa de torta de roxóns.

Galego

Danzas ancestrais de San Sebastián

Coincidindo coa festividade de San Sebastián, a parroquia de Aldán viaxa no tempo e acolle unha mostra do folclore máis ancestral, unha danza que se remonta, polo meno, ata 1650. Dez galáns, cinco damas e unha guía esperan no adro da igrexa á saída da procesión do Santo. Cando fai a súa aparición, fanlle a reverencia e van danzando á cabeza da comitiva, sen darlle en ningún momento as costas. Finalizado o percorrido, e antes de que o Santo entre de novo na igrexa, repiten a danza na súa honra.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico