Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festa da Arribada 2017

O día 1 de marzo conmemórase a chegada da carabela Pinta ao porto de Baiona coa noticia do descubrimento de América.

As rúas do casco antigo e os paseos contiguos acollen unha festa medieval na que se ofrecen os produtos de artesanía que se consumían no século XV. Músicos, xograres, malabaristas e artesáns percorren eses días as rúas revivindo aquel feito.

 

Galego

Entroido de Viana do Bolo

O Domingo de Entroido, a androlla, embutido típico da comarca de Viana, que se fai en tripa gorda afumada e enchida de costela de porco, é o produto estrela da xornada.

En Viana do Bolo son moitas as persoas que acoden a degustala, en medio do ambiente festivo propio do Entroido, un dos máis orixinais da provincia de Ourense.

Aquí a personaxe típica é o “boteiro” que, coa súa máscara de madeira de cor negra rematada por unha pantalla con armazón de arame recuberta de tiras de papel de seda de cores e os seus saltos, garda reminiscencias de culturas exóticas.

Galego

Entroido de Maceda

Os Felos son as máscaras emblemáticas do Entroido de Maceda.

Unhas figuras pouco coñecidas fóra da zona, pero tan antigas e fascinantes como os seus parentes máis famosos, os peliqueiros de Laza e os cigarróns de Verín.

Galego

Entroido de Vilariño de Conso

É o que moitos consideran o Entroido en estado puro.

O Boteiro é a personaxe estelar, é o dirixente do Fulión. O Fulión son un grupo de persoas tocando bombos e gadañas ao mesmo compás.

En cada aldea do termo municipal existe un fulión, e uns boteiros, con diferentes tipos de caretas segundo a localidade da que proceden. A fuliada é unha obra de teatro sátira e pícara de temas de actualidade: política, relixión ou crítica social do acontecido durante o ano na vila.

É de destacar O domingo Gordo, por coincidir o gran desfile de fulións e a Festa do Cabrito.

 

Galego

Entroido de Laza

Uns dos carnavais máis enxebres de cantos se celebran en Galicia.

Os días de Entroido en Laza discorren entre a praza da Picota, centro neurálxico, e os bares, tomados polos mozos da vila, que crean un ambiente festivo coa súas continuas esmorgas en torno ao bo xantar, o viño, o licor café e as típicas augardentes galegas.

Galego

Entroido de Cobres

As orixes do Entroido desta parroquia situada na ría de Vigo remóntanse ata o século XVIII.

Madamas e Galáns (mulleres e homes vestidos de branco) e aldeáns representan distintas posicións económicas e roles sociais, tanto mediante as súas vestimentas como pola posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións. Madamas e galáns, moi rechamantes polos seus suntuosos sombreiros e a súa pulcra vestimenta, ocupan a posición social máis elevada, mentres que os aldeáns representan o último elo da cadea e o grupo maioritario. Neste entroido os participantes van a cara descuberta.

Galego

Entroido dos Xenerais do Ulla

Celebración orixinal da comarca do Ulla, que comprende os municipios de Boqueixón,Teo, Touro, Vedra, Santiago de Compostela, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces.

A primeira documentación que se ten sobre este entroido data dos anos 70 do século XIX e a orixe, polas características comúns destas mascaradas, hai que buscala nos diferentes enfrontamentos armados que se sucederon na comarca ó longo do século XIX.

Galego

Entroido de Verín 2017

O xoves de Compadres é o primeiro día dun Entroido no que os "Cigarróns" son os protagonistas dende o Domingo Corredoiro en que farán a súa aparición para saúdar a todolos veciños a saída da misa. 

O Luns de Entroido ten lugar en Verín a batalla de fariña, síntoma de ruptura das barreiras da vida cotiá, e antigamente un xeito que tiñan os mozos de achegárense ás mozas.  

 

Galego

Entroido de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia ten un entroido único, de referencia entre un dos mellores de España e Portugal. O de Xinzo de Limia ten, ademais, o ciclo máis longo de España, xa que comeza o Domingo Fareleiro (tres antes do Domingo de Entroido) e remata co Domingo de Piñata.

As “pantallas” son as estrelas deste Entroido. Estas personaxes ancestrais percorren a vila golpeando dúas vexigas de animais, secas e inchadas como globos, impoñendo a súa lei.

Galego

Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda

O Fulión celébrase o martes de Entroido. A festa comeza coa reunión dos Fulións de todas as parroquias do municipio, ao son dos bombos, tambores, cencerros e apeiros de labranza. O fulión acaba sempre cun xantar popular a base de produtos da matanza: chourizos, rabo, lacón...

A figura tradicional do Entroido de Manzaneda é a Mázcara, personaxe espectacular pola elegancia e colorido, que porta sobre a cabeza un característico gorro engarzado con cintas de cores e que bailan danzas arcaicas a un ritmo acompasado e ininterrompido.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico