Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Romaría de Santo Hadrián

Dende a ermida do Santo Hadrián do Mar divísanse as illas Sisargas, un refuxio natural para as gaivotas e os corvos mariños. Esta paisaxe singular da Costa da Morte imprime a esta romaría un incentivo engadido xa que a pequena capela do século XVI está situada no cabo Santo Hadrián. Ata aquí teñen que subir os infatigables romeiros co santo aos ombros dende a igrexa parroquial de San Xulián en Malpica. Ao amencer, tras o anuncio dos fogos e bombas de palenque, comeza un inesquecible percorrido de cinco quilómetros que pasa por camiños e praias.

Galego

Corpus Christi

As rúas céntricas de Ponteareas amañecen o domingo de Corpus tapizadas de espectaculares alfombras florais sobre as que pasará a procesión do Santísimo Sacramento. A tradición, que ten máis de 150 anos de antigüidade, perdura grazas ao tesón dos veciños, que durante a véspera traballan na súa confección. Aínda que tamén son figurativos, a maioría dos deseños son debuxos xeométricos e, en todos os casos, sorprenden pola súa magnitude e o seu colorido. O significado das alfombras, que adoitan ser máis dunha ducia, é profundamente relixioso, xa que se realizan como ofrendas ao Santísimo.

Galego

Festa da Troita

Sigüeiro ten un coto de pesca moi concorrido durante a tempada de pesca e desde o ano 1996 unha festa que enxalza a longa tradición troiteira da localidade. O segundo domingo de maio ten lugar un concurso de pesca e unha degustación gratuíta de troitas que reúne a preto de 30.000 persoas. En torno a estes dous eixes, desenvólvese un programa festivo durante toda a fin de semana, con actuacións de charangas e orquestras, obradoiros infantís e xogos tradicionais. Propostas de ocio para todos os gustos que van desde un Festival Folk ata unha concentración de coches clásicos.

Galego

XLVI Festa do Salmón

O salmón ponse en valor na Estrada desde 1974 a terceira fin de semana do mes de maio.

O domingo é o día grande desta festa, xa que nesta xornada se celebra a degustación popular que permite a veciños e visitantes gozar das propostas culinarias deseñadas polos hostaleiros locais a prezos accesibles. Asociacións, panadarías e restaurantes presentan todos os anos innovadoras delicias elaboradas co salmón como principal ingrediente.

Galego

Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide

Melide recende a doce dun xeito moi especial no segundo domingo de maio. A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide ten lugar na Praza do Convento, punto onde se concentran os expositores.
Aínda que durante moitos anos se falou da Festa do Melindre, a exaltación estendeuse a toda a repostaría típica e tradicional de Melide e a súa comarca. Son tres os produtos que recollen a esencia da tradición reposteira na zona: o melindre, o rico e o amendoado.

Galego

Festa do Choco

Da Enseada de San Simón procede o choco que todos os anos, na primeira quincena de maio, cobra protagonismo na vila de Redondela. A festa de exaltación deste cefalópodo da ría de Vigo comezou a celebrarse nos anos 80 e nas súas últimas edicións logrou reunir a máis de 30.000 persoas que consumiron 5.000 quilos.
A festa, que coincide na época na que hai máis presenza deste produto, ten como eixo central unha gran carpa situada na Alameda. Aí pódese degustar o choco preparado polos restaurantes da vila  en diversas formas, desde as máis tradicionais ata as máis vangardistas.

Galego

Festa das Alfombras Florais do Corpus Christi

Desde 1986, Ares celebra o Corpus Christi coa confección de alfombras florais que ano tras ano son admiradas polos milleiros de visitantes que se achegan á vila mariñeira. Os veciños, perfectamente organizados en seis grupos de traballo, son os artífices desta espectacular obra de arte vexetal á que dedican semanas de esforzo e que acada unha lonxitude de máis dun quilómetro.

Galego

O viño dos condes

Coincidindo coa 55 edición da Feira do Viño do Ribeiro,  realizarase unha visita teatralizada nocturna polo castelo de Ribadavia e as rúas do barrio xudeu, acompañando a personaxes que viviron durante séculos na vila medieval.

A entrada custa 8 euros e o aforo é de 40 persoas. Pode reservarse a entrada    no teléfono 617557961 ou no email turismo@ribadavia.es

Galego

Mostra de aceite de Quiroga

Se o Val de Quiroga é unha das poucas zonas de Galicia onde se mantivo o cultivo de oliveiras e a elaboración tradicional do aceite, non é de estrañar que o municipio lugués celebre dende o ano 2000 unha mostra que ofrece a posibilidade de contemplar o proceso íntegro desta elaboración artesanal, así como un espazo de venda deste e doutros produtos típicos da comarca.

Galego

Festa gastronómica do Galo de Curral

Vila de Cruces coñece os segredos do galo de curral, e desde o ano 93 compárteos a través dunha cita gastronómica que inclúe, ademais da degustación popular deste produto, un programa de actividades nos que a música e a cultura son protagonistas. A festa naceu da man do colectivo de criadores de galo Agro, co fin de promocionar un prato elaborado cun produto criado de xeito natural por máis dunha vintena de produtores.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico