Feira do Viño de Amandi
O recinto feiral, na praza do Concello, énchese da música da banda de música de Sober, unha das máis antigas de Galicia, con 130 anos de historia, e un dos símbolos desta localidade luguesa, para amenizar este grande encontro en torno ao viño de Amandi (subzona da D.O. Ribeira Sacra). A cita serve, ademais, como escusa para amosar o contorno da zona e o seu modo de vida, centrado na viticultura pero tamén na olaría, coa veciña parroquia de Gundivós como produtora.