Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mercado Medieval Mondoñedo

O centro histórico de Mondoñedo, singularizado pola catedral basílica da Asunción, foi declarado conxunto histórico-artístico en 1985, o que constitúe un marco ideal para a celebración desta festa que se celebra na segunda fin de semana de agosto e que transforma esta localidade nunha cidade do medievo.

Este mercado medieval é un dos máis antigos da provincia.

Galego

Folión de Carros

No arranque das festas patronais, o sábado pola noite ten lugar en Chantada un desfile de carros do país tirados por bois, sobre os que se representan diversas escenas de oficios tradicionais e de labores agrícolas.

Amenizada coa actuación de gaiteiros e bandas, esta mostra de etnografía popular ten a súa orixe na Idade Media, nos tempos en que os gremios abandonaban durante un día o seu tradicional illamento e percorrían a localidade conxuntamente.

Galego

Festas de San Benitiño de Lérez

Nun pequeno montículo, á beira do río Lérez, sitúase o mosteiro de San Salvador de Lérez, cunha capela dedicada a San Bieito, o santo milagreiro ao que se lle atribúe a curación de enfermidades da pel, sobre todo verrugas e pústulas. Ata aquí desprázanse os romeiros para asistir a algunha das continuas misas que se celebran desde a mañá, achegarse á pota de cobre onde se queima o aceite milagreiro para adquirilo ou untarllo aí mesmo, e cumprir co rito de pasar por debaixo do altar do santo para obter as súas bendicións.

Galego

Romaría da Fraga

As Fragas do Eume ben merecen unha visita en calquera época do ano pola beleza das paisaxes que traza o río encaixado entre frondosas e empinadas ladeiras. Para moitos especialistas, trátase do único exemplo de bosque atlántico que permanece en Europa e contan que o mesmo Lord Byron ficou namorado da paisaxe ao coñecer o lugar no que os monxes beneditinos instalaron o mosteiro de Caaveiro.

Galego

Festival Internacional Mundo Celta de Ortigueira

Milleiros de persoas pernoitan a carón da praia de Morouzos de Ortigueira, nunha ampla área de acampada libre baixo os piñeiros, co motivo do Festival Internacional do Mundo Celta, que desde 1978 é o referente musical do verán en Galicia e unha cita ineludible para os amantes da música folk en todo o mundo. A localidade vive durante catro días e catro noites baixo o feitizo da música de grupos e intérpretes con raíces culturais compartidas.

Galego

Festa do Polbo

A pesca do polbo foi no século XVIII unha das actividades máis destacadas do porto de Mugardos, daquela tamén entre os primeiros de Galicia. O polbo é o seu produto máis típico e aquí prepárase ao tradicional estilo mugardés, característico pola súa salsa feita con cebola, pemento verde e pemento vermello.

Galego

Festa do Percebe do Roncudo

A Festa do Percebe do Roncudo celébrase na primeira quincena do mes de xullo no concello de Ponteceso (A Coruña). É unha celebración que comezou hai 22 anos e foi a primeira festa do percebe que se celebrou en España. O arraigamento vai ligado á economía da vila, xa que o percebe se converteu nunha das maiores fontes de riqueza da localidade de Corme. O valor cultural xira ao redor da figura do percebeiro e engade á manifestación culinaria as tradicións e os coñecementos que viran en torno a un oficio único.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico