Belén Electrónico
O Belén electrónico de Begonte móntase no Centro Cultural José Domínguez Guzmán de modo ininterrompido desde o ano 1972. Inaugúrase o primeiro sábado de decembro e pódese visitar ata o derradeiro sábado de xaneiro. A súa singularidade vén determinada polo mesmo feito de realizar un belén con pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento. Ocupa unha superficie de 150 m² con máis de 150 figuras. Estas pezas renóvanse cada ano e son feitas desinteresadamente polos veciños. As figuras representan os oficios tradicionais: labregos, pastores, carpinteiros, pescadores...