Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festa da Pascua de Padrón

A Pascua de Padrón é unha celebración secular con máis de 400 anos de antigüidade documentada (as orixes remóntanse polo menos a inicios do século XVII), que combina a compoñente relixiosa propia da Semana Santa cun enorme arraigamento na poboación e cun alto valor cultural, derivado das múltiples actividades que acontecen paralelamente, ben sexan comerciais, culturais, deportivas, gastronómicas... que se foron engadindo para seguir fortalecendo a Pascua como un polo de dinamización económica e sociocultural. 

Galego

Festa do Poldro de Muras

Celébrase a cuarta fin de semana de setembro.

Muras é un concello que vive arredor dos seus cabalos todo o ano.

Nos montes da Gañidoira, en plena Serra do Xistral, celébrase cada ano a Feira do Poldro e o Gando do Monte.

A Feira naceu por iniciativa dun grupo de veciños e veciñas que viron, hai xa máis de trinta anos, a necesidade de pór en valor a carne dos poldros e demais gando bravo do monte, criado en liberdade, mantendo deste xeito a tradición das feiras e dos tratos entre os feirantes ata os nosos días.

Galego

Feira do Lázaro

Durante os días 2 e 3 de abril – en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h- haberá una completa feira de mostras de artesanía e alimentación, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín e repleta de actividades variadas como obradoiros, cata e maridaxe de viños, sorteos, ambientación musical ou catas de produtos de alimentación.

Galego

Semana Santa de Mondoñedo

A Semana Santa mindoniense presenta unhas raíces históricas que chegan máis aló do século XVI, é un exemplo de sinxeleza e sobriedade reflexo da Fe popular desta zona de Galicia.
A Semana Santa de Mondoñedo é de recollemento e de vivencia interior.
A Procesión e Misa de Ramos, Procesión do Ecce Homo, Procesión do Prendemento, Adoración do Santísimo, Procesión do Santo Encontro, Procesión do Santo Enterro, Procesión da Soidade, son as máis destacadas manifestacións públicas desta Semana Santa con tantos séculos de historia.

Galego

Semana Santa de Santiago de Compostela

Para a Unesco, Santiago de Compostela é “unha cidade ideal que desborda á vez historia e intemporalidade”. Foi declarada en 1985 Patrimonio Cultural da Humanidade ao considerar que a súa beleza urbana e integridade monumental se engadían aos profundos ecos da súa significación espiritual como santuario e destino da maior peregrinación da Cristiandade entre os séculos XI e XVIII: o Camiño de Santiago.

Galego

Semana Santa de Viveiro

Numerosos pasos, algúns deles articulados e de grande interese artístico, protagonizan as solemnes procesións de Semana Santa de Viveiro, nas que confrarías e irmandades enchen de relixiosidade e ambiente íntimo as rúas da localidade. Eucaristías, vía crucis, tamborradas… preceden aos días grandes.

Galego

Semana Santa de Lugo

A súa orixe remóntase á Idade Media, coa Venerable Orde Terceira de San Francisco, establecida en Lugo no século XIII. Posteriormente, coa contrarreforma iniciada no s. XVI, xurdirán con maior intensidade as manifestacións públicas de piedade, que constituirán o xerme da tradición procesional da Semana Santa lucense.

Galego

Semana Santa de Ferrol

Desde o Domingo de Ramos ata o de Resurrección, sucédense sen parar as procesións que rememoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. As rúas de Ferrol énchense de fervor relixioso e bulicio, en torno aos pasos das súas cinco confrarías, herdeiras dunha tradición secular e dun espírito de fondo calado popular que resiste aos cambios sociais e xeracionais.

Galego

Semana Santa de Cangas

A máis solemne manifestación de relixiosidade en torno á Paixón de Cristo que ten lugar na provincia de Pontevedra son as procesións de Semana Santa de Cangas, que contan con pasos de gran valor histórico-artístico e imaxes articuladas, como a do Nazareno da procesión do Santo Encontro ou o Cristo da cerimonia do Descendemento, que lles dan aos actos un emotivo realismo.

Galego

Semana Santa de Betanzos

A Semana Santa de Betanzos comeza o venres anterior ao Domingo de Ramos cunha misa na honra á Virxe das Dores. Desde este día ata o Martes Santo a música, especialmente no recoñecido Ciclo de Música Sacra, é a auténtica protagonista.  

O Domingo de Ramos pola tarde ten lugar a beizón dos Ramos e a procesión coa imaxe da Borriquiña, que é acompañada por numerosos betanceiros cos seus ramos e as súas palmas.

Na noite do Mércores Santo celébrase un sinxelo e emotivo viacrucis, polas rúas do centro histórico da cidade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico