Festa de interese turístico

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Romaría do Santo Antonio Ventureiro da Rigueira

A Romaría do Santo Antonio Ventureiro da Rigueira celébrase o 13 de xuño de cada ano coincidindo coa festividade que conmemora o pasamento de Santo Antonio de Padua. É unha festividade relixiosa en que a poboación local e as persoas visitantes participan percorrendo calquera dos oito roteiros que conducen á igrexa parroquial de San Miguel da Rigueira, onde se garda a imaxe de Santo Antonio, para conseguir a ventura (diploma de participación) e o lirio branco (flor do santo e emblema da festa).

Galego

Asalto ao Castelo

Na noite do primeiro sábado de xullo a vella fortaleza medieval de Vimianzo volve ser rodeada por miles de persoas dispostas a atacala. Trátase da festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo, unha celebración única. 
Inspírase na Gran Guerra Irmandiña que comezou en 1467 en toda Galicia, momento no que o pobo se ergueu contra o poder abusivo dos señores feudais.
A entidade organizadora é Cherinkas, co Concello de Vimianzo e Axvalso.

Galego

Feira do Viño de Pantón

A Feira do Viño de Pantón sucédese cada ano nesta localidade a mediados do mes de maio para enxalzar a viticultura da zona, cuxo carácter diferenciador vén dado pola súa situación xeográfica ao atoparse entre as ribeiras de tres ríos (Cabe, Sil e Miño), que producen cadansúas uvas con características propias que deste xeito resultan determinantes no produto final.

Durante toda a fin de semana sucédense actuacións musicais e charangas.

Galego

FESTA DA EMPANADA DA BANDEIRA

A empanada galega está de moda e proba disto é o recoñecemento e a fama que o produto estrela da cociña desta comunidade autónoma está a acadar a nivel nacional e internacional. Bacallau, zamburiñas, polbo, mexillóns, carne, bonito, chocos ou mesmo de cocido son só algúns dos tesouros que pode conter a masa galega que xa está presente en bares, restaurantes, supermercados, festivais, panaderías e, en definitiva, en todos os recunchos do noso país.

Galego

Feira do Queixo e do Pan

En Friol, na segunda quincena do mes de marzo, celébrase anualmente a Feira do Queixo e do Pan, co obxectivo de homenaxear e preservar a tradición local de elaboración do queixo e do pan, así como rememorar o costume antigo das feiras que tiñan lugar no Concello de Friol.

Galego

O Enterro da Sardiña de Marín

Existe documentación que demostra que O Enterro da Sardiña de Marín xa se celebraba no século XIX. (La Voz de Galicia do ano 1882). 

Aínda que foi prohibido desde o ano 1936 ata que se recuperou de novo no ano 1976, vénse celebrando ininterrompidamente ata os nosos días, o Mércores de Cinsa de cada ano e organizado polo Ateneo Santa Cecilia de Marín.

Galego

Entroido de Foz

O Entroido de Foz é sinónimo de arraigo, sentimento, emoción, humor, transgresión, participación, imaxinación, calidade, vistosidade, festa multicolor…

Entroido de xuventude e veteranía, de peñas, de turutas e comparsas, de multitudinaria participación, que se comeza a desfrutar coa Cea de Coroación da Raíña/Rei de Entroido (dúas semanas antes das datas de Entroido) chegando á máxima expresión co espectacular desfile de máis de tres horas de duración o sábado de Entroido. 

Galego

Festa da Carballeira de Zas

Situada nun lugar natural emblemático (a Carballeira de Velar), caracterízase por ofrecer unha rica oferta cultural con concertos de música folk nos que teñen cabida grupos galegos, nacionais e internacionais. Tamén destaca o xantar popular e o seu mercado ecolóxico e feira de artesanía.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festa de interese turístico