Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Trío Refugallo

Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto veñen de formacións musicais moi respectadas na escena musical galega, como Odaiko ou A Magnifique Bande dos Homes sen Medo. Nesta proposta, dirixida polo clown Fran Rei, ofrecen un pasarrúas coa particularidade que indica o seu nome: tocan con instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo.

Galego

Mulleres de sal, mulleres de terra

Mulleres de sal, mulleres de terra  é unha sesión de cantos que promove a igualdade e a pre­ vención de violencia de xénero.

Unha travesía guiada pelas mulleres que atesoura­ ron a memoria dos cantos, da palabra a viva voz. Ao longo da Historia foron moitas as mulleres encarga­ das de conservar este legado. Elas foron tamén trans­ misoras deste universo, como redeiras á beira do mar, tecendo con fíos e nós o imaxinario. Cantos que tamén saen da terra e que se debullan coma o millo para transmitir as alegrías, os temores e os soños dos pobos.

Galego

Cinema Marabillas

 

Un espectáculo para nenos e nenas a cargo de Raquel Queizás (Dúas sesións)

Sinopse: Gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.

O obxectivo e facerlles ver ás crianzas que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.

Galego

Funamviolistas

Será a única actuación en Galicia do trío formado por Ana Hernández, Mayte Olmedilla e Lila Horovitz.

Trátase dun espectáculo baseado na interpretación musical, vocal e gestual onde aparece o drama e a comedia a través destas tres mulleres tan distintas.

Galego

Picadiscos MariFaltri

María Faltri é un dos novos nomes de referencia dentro da música infantil galega, a vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: Unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar.

Galego

Elisa e Marcela

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiáis, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. 

As cómicas de A Panadería presentan unha reconstrucción irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo. 

Galego

Furia necesaria

Furia necesaria de Aldaolado, conta cunha parte importante de narración oral, durante a cal as dúas poetas presentan o tema central baseándose en historias propias e alleas. Outra parte fundamental da función é a musical, na que Lucía Aldao interpreta en directo cancións que adoitan levar aparellado o recitado de textos propios na voz de María Lado. A poesía ten tamén o seu espazo no tempo que ambas poetas dedican a recitar.

Galego

Vello aos vinte e pico

As novas tecnoloxías nunca foron cousa que lle encantaran a este rapaz que medrou nunha vila mariñeira na que as redes, eran para ir pescar… Sentirse vello aos vinte e pico xa non soa tan raro, cando de súpeto, todo aquelo co que levamos convivindo durante séculos, desaparece. Unhas novas formas de vivir que non gustan a todo o mundo, ou que, máis ben, se poden convertir nun gran problema. Este é o caso de Duarte, que non se atopa nada ben porque está pasando por unha forte crise…

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo