Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A banda das apertas

A Banda das Apertas é o formato musical de Magín Blanco acompañado polos músicos Jorge Juncal, Jerry Noia, Suso Lorenzo e pola voz de María Faltri. A banda das Apertas conta con anos de traxectoria musicando para o público infantil e familiar as aventuras de A nena e o grilo, descubrindo os seus segredos a través dun bo puñado de cancións coas que Magín Blanco foi creando toda unha comunidade de seareiros e seareiras. O meu país, Don Ramón, A formiga Lúa, Todos somos capitáns ou rock&roll dragón son algúns dos clásicos que fan cantar e bailar a pequenas e maiores.

Galego

O poder de Amabel

O poder de Amabel está inspirada na novela infantil de Érica Esmoris, editada por Sushi Books. A autora foi galardoada co premio “Merlín 2015” por Nena e o mar. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel ainda non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares. Amabel e Braulio, dous amigos que non se ven dende a escola, reencóntranse anos máis tarde en Tokio.

Galego

O mago de Oz, o musical

Elenco: Rocío Salgado, Martín Maez, Jonathan Caramés, Marcos Alonso, Fernanda Barrio e Merchy Lago.

A Dorothy non lle gusta nada a improvisación. Vive nun mundo racional, onde o que se debe facer, é todo o que se pode facer. Pero un día normal, como calquera día normal da súa normal vida, un tornado levaraa a un mundo onde as súas regras non serven de nada, un mundo onde deberá emprender unha marabillosa viaxe se quere regresar a casa.
O Mago de Oz é un espectaculo musical, con bailes, cancións e unha chea de sorpresas. Atrévesche a descubrilo?

Galego

Martín Camiña- Ilusionista: Lareteando nas leiras

“Laretando nas Lareiras” é un espectáculo de ilusionismo, humor e participación, para pór en valor a maxia da lingua galega.

Unha lingua alegre, divertida, contenta e arrufada, que non é apoucada por nada nin por ninguén, acompañada de ilusións asombrosas con: cordas, cartas, panos, papeis, efectos de mentalismo, comicidade e moito máis, acompañan esta viaxe cara o imaxinario.

Galego

Sr Lili: Discocleta

Coa Lilicleta conseguimos a recreación e posta en escena dunha cabina de “pinchadiscos” ao estilo dos 70´s. O Señor Lili emociona e fai vibrar aos presentes coas melodías populares do pasado utilizando para iso formatos en desuso.

O que o distingue, ademais, é a gran conexión co público. Lonxe de ser un “pichadiscos” ao uso, na súa faceta de showman e animador de pista, logra facerse cos presentes, improvisando un karaokeconcurso participativo, bailando entre a xente e enchendo de cor as festas nas que a música e os asistentes marcan a pauta.

Galego

Trío de ases

Artestudio é danza, é teatro, son sinerxias que nos conectan co mundo e coas realidades que nos rodean. Dende o 2005 e ata hoxe buscamos desenvolver proxectos culturais que acheguen as artes vivas á xente, utilizando as artes escénicas como ferramenta para crear comunidade.

Adicámonos á formación en diferentes disciplinas artísticas, á xestión  cultural, á coordinación e produción de proxectos culturais. Artestudio é a súa xente, é Fany, é Ramiro, é David, é Luis, é Sabela, é Estefi…e moitas outras persoas que reflexionan e medran con nós.

Galego

Tres maletas de contos

Artestudio é danza, é teatro, son sinerxias que nos conectan co mundo e coas realidades que nos rodean. Dende o 2005 e ata hoxe buscamos desenvolver proxectos culturais que acheguen as artes vivas á xente, utilizando as artes escénicas como ferramenta para crear comunidade.

Adicámonos á formación en diferentes disciplinas artísticas, á xestión  cultural, á coordinación e produción de proxectos culturais. Artestudio é a súa xente, é Fany, é Ramiro, é David, é Luis, é Sabela, é Estefi…e moitas outras persoas que reflexionan e medran con nós.

Galego

A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo

A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo é un espectáculo teatral de  animación á lectura destinado ao público infantil. A compañía Duende Sico representouna na mañá deste martes na biblioteca do CEIP Centieiras, no marco do programa «Coa lingua fóra» promovido pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña. Ademais, tralo teatro a rapazada tamén participou nunha actividade complementaria para fomentar o hábito de ler en galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo