Crunch!
Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que adoitamos facernos sobre as nosas amizades, a clase política, a familia... algunha vez eles fallan, pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, e coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas as persoas somos superheroes. Crunch!

