Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Laura LaMontagne & PicoAmperio

Poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín Códax nunha mestura da tradición e a realidade maquinal e tecnolóxica para contar historias utilizando tamén creacións audiovisuais de abstracción cibernética.

CANTAS VERBAS é un espectáculo que vai revisar a nosa tradición poética e musical dende a contemporaneidade a través de tres propostas escénicas e musicais de calidade.

Galego

Habito terra

É fácil recoñecermos que o noso comportamento individual no día a día ten impacto real sobre a colectividade á que pertencemos. E viceversa. A nosa especie confórmanos como seres sociais, con grande consciencia grupal e cunha necesidade imperiosa de recoñecemento.

É demasiado importante recoñecermos que o noso comportamento colectivo no día a día ten impacto real sobre a vida no planeta.

Resulta bastante habitual acharmos que o progreso (o Progreso!) irá conducindo eternamente a nosa civilización nun crecemento fantástico, continuo, progresivo, imparábel!

Pois...

Galego

O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo

Espectáculo de circo itinerante musical Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do século XIX, descobre unha illa no Océano Pacífico que alberga extranas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á gran extinción. Ó seu regreso a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunha destas criaturas nunha feira ambulante na que se deu en chamarlle como O Fantástico Circo de Insectos Xigantes do Doutor Mezzo.

Galego

O Circo da Casa Pequena

O Circo da Casa Pequena presenta a historia dunha rapariga, Nmógadah, que se ve abandonada no medio dunha guerra, sen mais compañía que as bombas e o asubío das balas. A protagonista foxe da morte e bótase a un camiño no que non poderá distinguir os inimigos dos amigos. Unha odisea na que Nmógadah atravesará sinistras grutas e vertixinosas montañas, florestas musicais e mares tenebrosos, o pesado sofrimento da cadea e a levisima ensoñación da liberdade. Nesta aventura vai axudada polo Mestre Lionel e unhas criaturas prodixiosas que desafían a lei da gravidade: os artistas do circo.

Galego

Os Velocíclopes

Velocíclopes é un espectáculo de animación de rúa está constituído por cabezudos motorizados de aparencia ambigua (poden verse como zapatos xigantes, cíclopes, automóbiles…). As múltiples posibilidades que ofrece a motorización dos cabezudos, manipulados por personaxes clownescas, fai que nos atopemos perante un espectáculo sorprendente, áxil e de grande interrelación co público.

Galego

Galerna Crúa: Chocolate

Galerna Crúa é unha compañía teatral na que se xuntan actrices e actores da comarca de Ferrol, para construír proxectos artísticos e educativos, con interese social e principalmente en clave de humor. Actividade que mestura a narración oral coa posta en escena tetral. Esta actividade conta cunha segunda parte na que se leva a cabo un obradoiro de cociña "Brochetas de froitas con chocolate fondue"

Galego

Estrafalaria

Estrafalaria é un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato. As personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. Os cativos e cativas deben entender a diversidade como algo enriquecedor e imprescindible para que a sociedade evolucione cara o mundo que queremos, ese no que debería predominar a tolerancia, a solidariedade e a integración. Ese mundo no que como mulleres podemos aportar os nosos coñecementos e ser nós mesmas a cada momento.

Galego

A banda das apertas

A Banda das Apertas é o formato musical de Magín Blanco acompañado polos músicos Jorge Juncal, Jerry Noia, Suso Lorenzo e pola voz de María Faltri. A banda das Apertas conta con anos de traxectoria musicando para o público infantil e familiar as aventuras de A nena e o grilo, descubrindo os seus segredos a través dun bo puñado de cancións coas que Magín Blanco foi creando toda unha comunidade de seareiros e seareiras. O meu país, Don Ramón, A formiga Lúa, Todos somos capitáns ou rock&roll dragón son algúns dos clásicos que fan cantar e bailar a pequenas e maiores.

Galego

O poder de Amabel

O poder de Amabel está inspirada na novela infantil de Érica Esmoris, editada por Sushi Books. A autora foi galardoada co premio “Merlín 2015” por Nena e o mar. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel ainda non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares. Amabel e Braulio, dous amigos que non se ven dende a escola, reencóntranse anos máis tarde en Tokio.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo