Código Sapiens
A linguaxe! Usámola a diario tanto para organizarmos os nosos pensamentos como para os transmitir a outras mentes. É a capacidade máis exclusiva dos seres humanos: ningún outro ser vivo posúe linguaxe. É unha ferramenta esencial para a organización, o control e o desenvolvemento social.
E a pesar de todo, a súa aparición no proceso evolutivo continúa a ser un dos maiores enigmas.

