Coque Malla
O que puido parecer imposible materialízase: Coque Malla volve á estrada este verán nunha serie de concertos íntimos en acústico. Obrigados a pospoñer "Revolución Tour?" polas restricións aplicadas a espectáculos nos próximos meses, Coque Malla, xunto ao seu pianista de cabeceira, David Lads, ofrecerá unha serie de sets con piano, guitarra e voz. Coa ilusión de que a música de Coque Malla volva soar nestes meses, de volver celebrar e facelo posible, con máis ganas que nunca e un repertorio cargado de sorpresas chega por fin a "xira Imposible".

