Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Barafunda: Globo tolo

Barafunda S.L. créase en 2009 co propósito de facer realidade as túas ilusións.

A empresa está formada por unha ampla equipa de profesionáis especialistas en ocio educativo, a animación sociocultural e a produción de eventos.

Adicámonos ao deseño, creación e produción de servizos de animación tanto infantil como para público adulto. Para nós cada proxecto preséntase como un reto e coidamos e controlamos todo o proceso creativo: desde a idea que nos plantexa o cliente, a planificación, a posta en marcha ata completar a súa execución.

Galego

A historia de Brancaflor- Fran Rei

As mellores historias son sempre as que están sen escribir, sen ler, sen contar. Aquelas en as que aínda está por crear o final, o inicio, a trama, os personaxes... Pero, sobre todo, as mellores historias son as que poden saír da imaxinación dos nenos e nenas. Nesta montaxe ese é o punto de vista co que nos achegamos á lenda de Brancaflor, a filla do Diaño, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa antoloxía Contos marabillosos.

Galego

O estrano caso do dentista da Rúa Brasov

Un dentista da Europa do Leste, o doutor Krakmhu Elah, percorre co seu carromato vilas e cidades buscando clientes para a súa pequena consulta ambulante. Pero o que ninguén sabe é o seu estrano pasado e a súa estraña obsesión que pouco a pouco irá descubrindo a través de xiros inesperados, feed backs, maxia, clown e interacción co público para solucionar esta delirante historia. 

Galego

Títeres Cachirulo

Creada en 1985 Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.

As súas obras percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América cultivando importantes premios. 

A compañía Monicreques Cachirulo inicia a súa actividade co espectáculo Ubu no outeiro de Alfred Jarry, unha coprodución que realiza xunto co Centro Dramático Galego.

Galego

Catropés- Animacreques

Catropés é unha compañía galega de nova creación formada por Vanessa Rivas e Ánxela Blanco, dúas mulleres que compartiron camiño no ámbito escénico, nas viaxes e nos contos, e que se unen nesta ocasión para desenvolver o seu primeiro proxecto conxunto: Animacreques. A partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza xorde esta proposta de animación e intervención de rúa. Un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiritera.

Galego

Albert Vinyes- Betu el Pallaso

O espectáculo de BETU é a esencia do clown de Albert Vinyes.

Unha escolma de números clásicos con sabor propia que se mesturan con maestría neste espectáculo.

Pequenos e divertidos números que xa pasaron por moitos escenarios. Rútinas cómicas para pequenas e grandes sempre coa autenticidade como bandeira.

Galego

A saúde é o primeiro

A saúde é o primeiro é unha gala a prol da sanidade pública e dos seus profesionais. Unha gala onde a través do humor facemos homenaxe á súa labor e unha reivindación da sanidade gratuíta universal en tempo de máxima necesidade.

Coñecidos artistas do panorama cultural galego como Isabel Risco, Pedro Brandariz, o Mago Teto e Fran Rei acompañados do pallaso catalán Albert Vinyes nunha gala tan divertida como emotiva e comprometida.

Galego

Mofa e Befa- Cartoons

Dous tipos abandonados nas marxes.

Pode ser na marxe do mar, morando nunha pequena e coqueta illa. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala.

Os clowns, que teñen algo de dibuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de carsón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo